Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 20 de outubro de 2021 Páx. 51205

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da resolución do concurso para a provisión dos postos de traballo de coordinador de Protección Civil, enxeñeiro técnico industrial e conserxe de instalacións deportivas.

Mediante a Resolución número 1613/2021, do 20 de setembro, da Concellaría delegada de Economía, Facenda e Recursos Humanos, resolveuse o seguinte:

Primeiro. Resolver a convocatoria de concurso para a provisión do posto de traballo vacante no Concello de Cambre de coordinador de Protección Civil, aprobada pola Resolución número 1531/2018, do 27 de xullo, da Concellaría delegada da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación.

Segundo. Adxudicar ao funcionario Iván Bugallo del Puerto o posto de traballo de coordinador de Protección Civil convocado.

Terceiro. O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles, se o posto de traballo radica na mesma localidade, ou dun mes, se radica nunha localidade distinta, contado a partir do seguinte ao do cesamento, de conformidade co establecido na base novena das que rexen a convocatoria.

O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo o posto producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para todos os efectos, o prazo de posesión considerarase como de servizo activo e os efectos económicos no novo destino comezarán desde a data de cesamento no de procedencia.

Cuarto. Declarar deserto o concurso convocado por Resolución nº 1531/2018, do 27 de xullo, da Concellaría delegada da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación para a provisión do posto de traballo de enxeñeiro técnico industrial (BOP nº 146, do 2 de agosto).

Quinto. Declarar deserto o concurso convocado por Resolución nº 1531/2018, do 27 de xullo, da Concellará delegada da Área de Recursos Humanos, Servizos Sociais e Educación para a provisión do posto de traballo de conserxe de instalacións deportivas (BOP nº 146, do 2 de agosto).

Sexto. Publicar a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web municipal.

Sétimo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación ante o mesmo órgano que o ditou, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional competente no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade coa Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e coa Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida utilizar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere pertinente.

Cambre, 20 de setembro de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución 1323/2019, do 1 de xullo)
María Dolores Pan Lesta
Concelleira delegada de Economía, Facenda e Recursos Humanos