Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 21 de outubro de 2021 Páx. 51331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de outubro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas nas autorizacións de transportes e que foron devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/DXM/CIM/2019/00023 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica nas autorizacións de transportes, devoltas polo servizo de Correos porque, intentadas as notificacións, non se puideron practicar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, se desexan examinar os expedientes e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderán formular recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao do final do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, de ser o caso, de conformidade co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2021

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Núm. recurso alzada/autorización/vehículo matrícula

Persoa interesada

Acto notificado

RA/DXM/CIM/2019/00023

MDL-N/4654-JSG

Javier Barral Fuentes

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00026

11428451-3/C-1292-BK

Construcciones Concifa, S.L.

Resolución recurso