Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 21 de outubro de 2021 Páx. 51393

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO da aprobación definitiva do orzamento para o exercicio 2021.

O Pleno da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés, en sesión extraordinaria do 21 de maio de 2021, aprobou inicialmente o orzamento xeral, as bases de execución e o anexo de persoal para o exercicio 2021. Unha vez expostos ao público en cumprimento do artigo 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, por un prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 21 de xuño de 2021, sen que durante o dito prazo foran presentadas reclamacións, esta aprobación elevouse automaticamente a definitiva, polo que en cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, publícase o contido resumido por capítulos do orzamento definitivamente aprobado no estado de gastos e ingresos co seguinte detalle:

Estado de gastos

Estado de ingresos

Capítulo

Denominación

Importe (euros)

Capítulo

Denominación

Importe (euros)

1

Gastos de persoal

3.600,00

1

Impostos directos

0,00

2

Gastos correntes en bens e servizos

34.087,33

2

Impostos indirectos

0,00

3

Gastos financeiros

400,00

3

Taxas, prezos públicos e outros ingresos

0,00

4

Transferencias correntes

0,00

4

Transferencias correntes

38.087,33

5

Ingresos patrimoniais

0,00

6

Investimentos reais

0,00

6

Alleamento de investimentos reais

0,00

7

Transferencias de capital

0,00

7

Transferencias de capital

0,00

8

Activos financeiros

0,00

8

Activos financeiros

0,00

9

Pasivos financeiros

0,00

9

Pasivos financeiros

0,00

Total gastos

38.087,33

Total ingresos

38.087,33

De conformidade co sinalado no artigo 169.5 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, o citado orzamento entrará en vigor unha vez publicada a súa aprobación definitiva, a cal terá efectos do 1 de xaneiro.

Esta aprobación poderá ser impugnada ante a xurisdición contencioso-administrativa, cos requisitos, formalidades e causas sinaladas nos artigos 170 e 171 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e na forma e nos prazos que establecen as normas desa xurisdición.

Sarria, 23 de setembro de 2021

Claudio Garrido Martínez
Presidente da Mancomunidade de Concellos Galegos
do Camiño Francés