Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os propietarios da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), propietarios da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Vilantime (Arzúa- A Coruña) que figuran no anexo, para ser notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que os afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 45 16, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 24 de setembro de 2021

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Interesado

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

14917845 E

Resolución modificación acordo

San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña)

76507443 J

Resolución modificación acordo

San Pedro de Vilantime (Arzúa-A Coruña)