Intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos nos domicilios que constan nos correspondentes expedientes, esta non se puido efectuar. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselles o requirimento de documentación ás persoas interesadas.
As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Así mesmo, tamén se comunica ás persoas interesadas que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se non presentan a documentación que se lles require no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE, se terán por desistidas da súa solicitude, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2021
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
Procedemento/nº expediente |
DNI |
Acto obxecto de notificación |
Data do documento |
PR905A 2021/1109 |
34596093E |
Requirimento |
16.9.2021 |
PR905A 2021/1152 |
03543047N |
Requirimento |
20.9.2021 |