O 24 de xuño de 2011 a empresa promotora Galfor Eólica, S.L. presenta solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial, tramitación ambiental, inclusión no réxime especial e declaración de utilidade publica do parque eólico Canedo.
O 3 de novembro de 2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante a Resolución do 12 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 26, do 9 de febreiro).
Con data 3 de agosto de 2017, mediante Acordo do Consello da Xunta, outorgouse a autorización administrativa previa e de construción e declarouse a utilidade pública, en concreto, do parque eólico de Canedo, situado nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo), que se fixo pública mediante a Resolución do 22 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 189, do 4 de outubro).
O día 8 de marzo de 2017, mediante Acordo do Consello da Xunta, aprobouse definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Canedo, que se fixo público mediante a Resolución do 15 de marzo de 20218, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 82, do 27 de abril).
Con data 14 de decembro de 2020, Galfor Eólica, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación (procedemento IN408A) para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Canedo (expediente LU-11/136-EOL), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Posteriormente, o día 26 de febreiro de 2021 a mencionada sociedade solicitou a declaración de utilidade pública.
Mediante a Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico Canedo, promovido por Galfor Eólica, S.L., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.
O 13 de agosto de 2021 a promotora achegou documentación complementaria, en resposta ao requirimento da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, e foi remitido o expediente a esta xefatura territorial o 24 de setembro de 2021, para continuar a súa tramitación.
De acordo co exposto, en cumprimento do establecido na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:
Solicitante/Promotora: Galfor Eólica, S.L.
Domicilio social: Parque Empresarial Alvedro, r/ E-8, 15180 Culleredo (A Coruña).
Denominación do proxecto: modificación do parque eólico Canedo.
Situación: concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo).
Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Mondoñedo, zona 2.
Potencia instalada: 13,5 MW.
Número de aeroxeradores que se van instalar: 3.
Produción neta anual estimada: 53.642 MW h/ano.
Orzamento total (execución material): 10.408.700,59 €.
Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:
Vértice |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
1 |
629.925,08 |
4.816.686,49 |
2 |
630.875,08 |
4.815.086,49 |
3 |
628.275,08 |
4.815.086,49 |
Coordenadas de localización dos aeroxeradores:
Aeroxerador |
Datum ETRS89 (fuso 29) |
Concello |
|
UTM-X |
UTM-Y |
||
C1 |
629.660,09 |
4.816.150,49 |
Mondoñedo |
C2 |
629.682,09 |
4.815.886,49 |
Mondoñedo |
C3 |
630.151,10 |
4.815.593,49 |
Mondoñedo |
Coordenadas de localización da torre meteorolóxica:
Datum ETRS89 (fuso 29) |
Concello |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
629.956,08 |
4.815.864,49 |
Mondoñedo |
Características técnicas principais das instalacións:
– Tres (3) aeroxeradores, modelo N163 do fabricante Nordex, de 4.500 kW de potencia nominal, cunha altura de buxeiro de 148 metros e cun diámetro de rotor de 163 metros.
– Tres (3) centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, de 6.350 kVA de potencia nominal e relación de transformación 20/0,75 kV, coa súa correspondente aparellaxe de seccionamento, manobra e protección.
– Rede de interconexión soterrada de 20 kV, con condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3×1×(1×120) mm2 Al, para o enlace dos centros de transformación dos aeroxeradores C2 e C3 co do C1, desde o cal se efectuará a evacuación da enerxía xerada á SET do parque eólico Airas a través dunha liña de alta tensión soterrada de 20 kV xa autorizada.
– Unha (1) torre meteorolóxica de medición de 117,5 m de altura.
Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Obxecto da información pública:
– Proxecto de execución, modificación (de novembro de 2020), das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, que levará implícita, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.
– Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados e planos de parcelario, modificación (outubro de 2021).
– Estudo de impacto ambiental, modificación (novembro de 2020).
– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), modificación (novembro de 2020).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, así como, en particular, dos/das propietarios/as dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de quince (15) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 88 90 87, así como nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo).
Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/canedo
O estudo de impacto ambiental tamén estará dispoñible, durante o mesmo prazo, na Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Lugo, 18 de outubro de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico Canedo
Predio nº |
Propietario |
Parcela |
Afeccións (m2) |
||||||||||
Nome e apelidos |
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Servidume de voo |
Outras afeccións |
||||||
Polígono |
Parcela |
Zapata |
Plataforma |
TM |
Vías |
Gabias |
Protección eólica |
O.T. zona de provisión |
|||||
Concello de Mondoñedo |
|||||||||||||
1 |
Herminda Méndez Otero |
5 |
868 |
Coto Viñín |
Eucalipto |
60 |
|||||||
2 |
José Campos |
5 |
871 |
Coto Viñín |
Eucalipto |
1.160 |
|||||||
4 |
M.V.M.C. Figueiras, Pte.: Leonardo Eiroá Rivas |
5 |
879 |
Coto Viñín |
Piñeiral madeirable + matogueira + improdutivo |
1.801 |
12.043 |
177 |
52.682 |
2.631 |
45.385 |
24.826 |
2.133 |
5 |
Comunidade de Veciños Couboeira |
5 |
1.278 |
Coto Viñín |
Piñeiral madeirable + matogueira + improdutivo |
106 |
296 |
7.607 |
4.884 |
||||
6 |
María del Carmen Fernández García |
5 |
849 |
Tarreo |
Labor ou labradío secaño |
50 |
|||||||
8 |
Nivarda Fernández Fernández |
5 |
1.277 |
Coto Viñín |
Prado + eucalipto |
313 |
|||||||
9 |
Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido) |
5 |
1.276 |
Coto do Pombo |
Piñeiral maderable + improdutivo |
0,21 |
36 |
||||||
10 |
Higinio Otero Rejes |
5 |
935 |
Monte Pombeiro |
Eucalipto |
17 |
|||||||
Concello de Alfoz |
|||||||||||||
11 |
Fiscal da Audiencia Provincial (descoñecido) |
68 |
147 |
Chao |
Matogueira + piñeiral madeirable |
643 |
Administracións públicas afectadas
Predio nº |
Propietario |
Parcela |
Afeccións (m2) |
||||||||||
Nome e apelidos |
Datos catastrais |
Lugar |
Cultivo |
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Servidume de voo |
Outras afeccións |
||||||
Polígono |
Parcela |
Zapata |
Plataforma |
TM |
Vías |
Gabias |
Protección eólica |
O.T. zona de provisión |
|||||
3 |
Deputación Provincial de Lugo |
5 |
9028 |
LU-P-3108 |
Vía |
66 |
|||||||
7 |
Deputación Provincial de Lugo |
5 |
9007 |
LU-P-0211 |
Vía |
18 |