Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51480

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2021 do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

O tribunal nomeado por Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG nº 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de ciencias na especialidade de bioloxía, subgrupo A1,

ACORDOU:

Primeiro. Con datas do 4 e 7 de outubro reuniuse para examinar as alegacións presentadas polos aspirantes sobre os listados de puntuacións provisionais publicados no DOG do 25 de xuño. Feita a revisión das reclamacións presentadas, acordouse a desestimación das interpostas por nove aspirantes, mentres que se estimou a alegación dunha persoa aspirante, a cal ve incrementada a súa puntuación e pasa a superar o exercicio.

Segundo. Debido á modificación da puntuación dunha das persoas aspirantes, e consonte os criterios de corrección adoptados en sede deste tribunal, acadaron a puntuación mínima para a superación do primeiro exercicio da fase de oposición (30 puntos), un total de 62 aspirantes, fixándose a cualificación mínima precisa para acadar a devandita puntuación, nun total de 70,50.

Terceiro. Publicar as puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes que realizaron o primeiro exercicio da fase de oposición no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2021

José Emilio Oti Cabanelas
Presidente do tribunal