Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51441

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 5 de outubro de 2021 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo unitario para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (códigos de procedemento PR461B e PR461D).

De conformidade co establecido no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local (Diario Oficial de Galicia núm. 222, do 22 de novembro), esta vicepresidencia, en virtude da delegación conferida para o efecto polos concellos interesados,

DISPÓN:

Aprobar as bases xerais reguladoras e convocar o proceso selectivo unitario para o ingreso/acceso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre e concurso, subgrupo C1.

1. Obxecto da convocatoria.

1.1. O obxecto do proceso selectivo é cubrir 29 prazas dos corpos de policía local, categoría de policía, por quenda de oposición libre, e 3 prazas por quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1.

1.2. As prazas non cubertas pola quenda de concurso acumularanse á quenda de oposición libre e serán publicadas a través de resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Agasp.

1.3. O número, denominación e características das prazas que se convocan neste proceso selectivo especifícanse no anexo III desta orde.

Ata a data final en que se publique a listaxe definitiva de persoas admitidas neste proceso, mediante publicación no DOG a través de resolución da Dirección Xeral da Agasp, pode ser modificado o anexo III desta orde, relativo ao número, denominación e características das prazas que se convocan.

1.4. O presente proceso selectivo rexerase polo establecido nestas bases e para o non previsto observarase o disposto na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais; no Decreto 243/2008, do 16 de outubro, que a desenvolve; na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, e no Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local.

1.5. Os códigos do procedemento regulados nesta orde son PR461B (oposición libre) e PR461D (concurso).

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. As persoas interesadas en participar neste proceso, na quenda de oposición libre, deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española.

b) Ter feitos os dezaoito anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima establecida no artigo 56.1.c) do Real decreto lexislativo 5/2015.

c) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros, no caso dos homes, e 1,60 metros, no caso das mulleres.

d) Estar en posesión do título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán acreditar a súa homologación ou recoñecemento do título para os efectos profesionais.

e) Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B.

f) Non ter sido condenado/a por delito doloso nin separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

Será aplicable, non obstante, o beneficio da rehabilitación conforme as normas penais e administrativas, que a persoa aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

g) Compromiso por escrito de portar armas durante o servizo e, se é o caso, chegar a utilizalas nos casos e circunstancias legalmente establecidos.

h) Posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias dos corpos da policía local.

2.2. As persoas interesadas en participar neste proceso, na quenda de concurso, deberán posuír na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os seguintes requisitos:

a) Ter en propiedade a categoría de policía noutros corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Contar cunha antigüidade mínima de 3 anos nesa categoría.

3. Solicitudes.

3.1. Forma e prazo de presentación no procedemento de oposición libre (PR461B).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que é o anexo I desta orde.

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

3.2. Forma e prazo de presentación no procedemento de concurso (PR461D).

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que figura como anexo II a esta convocatoria.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Non se terá en conta a documentación que non quede debidamente acreditada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

3.3. A participación neste proceso de selección é voluntaria e implica que se presta consentimento para realizar as probas e os exercicios psicotécnicos, aceptando que o resultado desas probas sexa empregado como factor de valoración, de conformidade co previsto nestas bases.

3.4. Taxas.

3.4.1. Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, como requisito necesario para participar neste proceso selectivo deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 32,48 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberán figurar a data e o selo da entidade bancaria, co formulario de solicitude de inscrición no proceso selectivo determinará a exclusión no dito proceso da persoa aspirante, e non será posible a súa emenda fóra do prazo de solicitudes.

Poderase tamén realizar o pagamento pola internet nas entidades financeiras autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da web da Axencia Tributaria de Galicia (www.atriga.gal). Neste suposto, unha vez efectuado o pagamento, imprimirase o xustificante de ter abonado a taxa (modelo 730), que será o que se presente coa solicitude.

Tanto no caso do pagamento presencial como no do pagamento pola internet, os códigos que se deben encher son os seguintes:

Consellería: Presidencia, Xustiza e Turismo

Código 04

Delegación: Pontevedra

Código 40

Servizo: Academia Galega de Seguridade Pública

Código 19

Taxa: denominación: inscrición nos procesos selectivos para a selección de persoal dos corpos da Policía Local de Galicia

Codigo 30.03.04

En ambos os supostos, a presentación do xustificante do aboamento das taxas non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso selectivo.

3.4.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

3.4.2.1. Estarán exentos do pagamento desta taxa por dereito de inscrición:

As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

3.4.2.2. Aplicaráselles unha bonificación do 50 % do importe da taxa:

a) Ás persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

b) Ás persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando coa solicitude a seguinte documentación ou autorizando a Administración a comprobala:

– Copia do título oficial de familia numerosa, de carácter xeral ou especial, sempre que non sexa expedido pola Xunta de Galicia.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e antigüidade como demandante de emprego.

3.5. Documentación complementaria.

3.5.1. As persoas interesadas na quenda de oposición libre deste proceso deberán achegar coa solicitude correspondente ao procedemento PR461B (anexo I) a seguinte documentación:

a) Xustificante do pagamento da taxa administrativa devindicada pola tramitación da solicitude (código 30.03.04).

b) Título de familia numerosa, no suposto de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

c) Certificado de Celga 4 ou equivalente.

d) Declaración responsable de portar armas e, de ser o caso, de chegar a utilizalas e de que non está inhabilitado/a ou en situación equivalente nin foi sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público, conforme o modelo que figura como anexo VII desta convocatoria.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.5.2. As persoas interesadas na quenda de concurso para mobilidade deste proceso deberán achegar coa solicitude correspondente ao procedemento PR461D (anexo II) a seguinte documentación:

a) Xustificante do pagamento da taxa admnistrativa devindicada pola tramitación da solicitude (código 30.03.04).

b) Certificado acreditativo de ter, en propiedade, a categoría de policía nos corpos da Policía Local da Comunidade Autónoma de Galicia e contar cunha antigüidade mínima de tres anos nesa categoría.

c) Relación dos méritos que se acrediten, por cada unha das epígrafes de que consta o concurso, segundo o especificado no anexo IV.

d) Copias da documentación acreditativa dos méritos alegados.

e) Título de familia numerosa, no suposto de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3.5.3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

3.5.4. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

3.5.5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3.5.6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3.6. Comprobación de datos.

3.6.1. Para tramitar este procedemento, na quenda de oposición libre, código do procedemento PR461B, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Título oficial non universitario exixido (bacharel ou técnico ou equivalente).

d) Certificado de inexistencia de antecedentes penais.

e) Situación de desemprego (no caso de que lle sexa de aplicación).

f) Consulta dos permisos de conducir da persoa solicitante (no caso de que lle sexa de aplicación).

g) Titulo de familia numerosa, expedido pola Xunta de Galicia (no caso de que lle sexa de aplicación).

3.6.2. Para tramitar este procedemento, na quenda de concurso, código do procedemento PR461D, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Títulos oficiais non universitarios.

d) Títulos oficiais universitarios.

e) Título de familia numerosa, expedido pola Xunta de Galicia.

3.6.3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

3.7. Notificacións.

3.7.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

3.7.2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, realizarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.7.3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do sistema de notificacións electrónicas de Galicia, Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

3.7.4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

3.7.5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3.8. Publicación dos actos.

3.8.1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

– A relación provisional de persoas admitidas e non admitidas.

– A relación definitiva de persoas admitidas e non admitidas e a data e o lugar de realización da primeira proba.

3.8.2. Na páxina web da Agasp (https://agasp.xunta.gal/es) publicaranse, ademais, as resolucións coas datas e lugares de realización das restantes probas selectivas, os seus resultados, a relación de persoas aprobadas e as demais comunicacións deste proceso.

3.9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica, tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) publicará no DOG e na páxina web da Agasp a resolución pola que se declaren con carácter provisional as persoas admitidas e excluídas, co motivo da exclusión, así como as persoas aspirantes exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega. No caso de non existir persoas excluídas, ou que as persoas excluídas o estean por motivos non emendables, a listaxe será considerada como definitiva.

4.2. As persoas excluídas e as persoas declaradas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos da lingua galega.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten nin como admitidas nin como excluídas na relación publicada.

4.3. Non se poderá emendar a presentación de solicitude fóra do prazo habilitado para este efecto, nin o non pagamento da taxa establecida. As estimacións ou desestimacións das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución da Dirección Xeral da Agasp pola que se aprobe o listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas, así como a listaxe definitiva de persoas exentas e non exentas da proba de coñecementos da lingua galega, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Agasp.

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas interesadas decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

4.4. Nesta resolución indicarase o lugar, a data e a hora da realización do primeiro exercicio.

5. Proceso selectivo na quenda de oposición libre.

5.1. O sistema de selección será o de oposición por quenda libre e constará de cinco exercicios, eliminatorios cada un deles, de modo que non poderán pasar ao seguinte as persoas aspirantes que non tivesen alcanzado a cualificación mínima establecida para cada un deles.

5.2. A oposición consistirá na realización dos exercicios que se enumeran no anexo V desta orde, coa forma e sistema de cualificación nel descritos.

6. Desenvolvemento dos exercicios pola quenda de oposición libre.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será a orde alfabética e comezará por aquelas persoas cuxo primeiro apelido comece pola letra Y, consonte o establecido na Resolución do 29 de xaneiro de 2021 polo que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 24, do 5 de febreiro).

O tribunal, unha vez finalizado o primeiro exercicio, establecerá por orde decrecente de puntuación o número de aspirantes que deberán desenvolver o resto das probas, por quendas consecutivas de resultar necesario.

6.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

6.3. De conformidade co artigo 12 do Decreto 243/2008, as persoas aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade de aprazamento, calquera que for a causa que lles impida acudir, agás que a escusa sexa posible por ter amparo nun precepto legal, así como o suposto que se describe a seguir.

Nos casos de aspirantes embarazadas, ou en período de parto ou posparto, debidamente acreditados, poderase aprazar para as aspirantes nas cales concorra a dita circunstancia ata seis meses o desenvolvemento das probas físicas que lles correspondese realizar, prazo que podería adiarse como máximo outros seis meses en caso xustificado. Este aprazamento das probas físicas non afectará por si só o resto das probas.

En calquera caso, daráselles por superado o proceso selectivo a aquelas persoas aspirantes que obtivesen una puntuación final que non poida ser alcanzada, aínda coa obtención da máxima puntuación posible nas probas físicas adiadas, polas aspirantes que se acollesen ao dereito de aprazamento.

As mulleres embarazadas que prevexan, polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación e previsión de parto, ou eventualmente os primeiros días despois do parto, a súa coincidencia coas datas de realización de calquera dos exames ou probas previstos no proceso selectivo poderán poñelo en coñecemento do tribunal, achegando coa comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse con tempo abondo e o tribunal determinará, con base na información de que dispoña se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas as dúas medidas conxuntamente.

En ningún caso as probas de recoñecemento médico considerarán como circunstancias negativas para os efectos do proceso selectivo calquera que fose derivada da situación de embarazo e lactación. Ante a solicitude da muller que acredite atoparse nestas circunstancias, o tribunal poderá determinar que estas probas se realicen en calquera outra fase ou momento do proceso selectivo. Tamén o tribunal poderá sinalar razoadamente de oficio, oída a afectada, unha data apropiada segundo as condicións da muller que se atope nestas circunstancias, que achegará coa comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse con tempo abondo e o tribunal determinará, con base na información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas as dúas medidas conxuntamente.

6.4. Durante o tempo fixado para a realización das probas selectivas, non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil, reloxos ou soportes con memoria. Queda prohibido o acceso ao recinto con tales dispositivos e constituirá causa de inadmisión ao chamamento a simple tenza destes.

6.5. O anuncio de realización dos exercicios publicarase na páxina web de Agasp, con dous días de antelación, polo menos, á data sinalada para o seu inicio.

6.6. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas interesadas poden presentar, anulase algunha ou algunhas preguntas incluídas na proba de coñecementos, anunciarao na páxina web da Agasp.

Neste suposto, e no caso que se tivesen realizado, serán tidas en conta as cuestións de reserva, que terán unha puntuación igual ás do resto do exercicio.

6.7. As cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nos exercicios da oposición publicaranse na sede da Agasp e na súa páxina web.

Concederase un prazo de cinco días para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

6.8. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, logo de audiencia do/da interesado/a, comunicarallo á Agasp para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, suporá a súa exclusión do proceso selectivo.

6.9. A puntuación das persoas aspirantes que superen todas as probas do proceso selectivo virá determinada pola puntuación do primeiro exercicio.

Tendo en conta que nos corpos da Policía Local de Galicia existe infrarrepresentación feminina, no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

a) Criterio de desempate recollido no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, segundo o cal o empate se resolverá a favor da muller.

b) Menor tempo acadado na proba de resistencia xeral, carreira de 1.000 metros lisos.

c) Menor tempo acadado na proba de velocidade, carreira de 50 metros lisos.

d) En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

7. Proceso selectivo na quenda de concurso para mobilidade.

O proceso selectivo efectuarase polo sistema de concurso, de conformidade co baremo de méritos que se recolle no anexo IV desta convocatoria.

8. Tribunal cualificador.

8.1. O nomeamento do tribunal cualificador correspóndelle á persoa titular da consellería competente en materia de seguridade e estará composto por cinco persoas titulares e cinco persoas suplentes (presidente/a, tres vogais e secretario/a) pertencentes a un corpo, escala ou categoría profesional en que se requira para o seu ingreso a titulación de bacharel ou superior, e a súa composición será paritaria segundo o establecido no artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias da Academia Galega de Seguridade Pública, correspóndenlle ao tribunal as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas, a cualificación das persoas aspirantes, a emisión de cantos informes lle sexan requiridos derivados da súa intervención no proceso selectivo, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas na orde do correcto desenvolvemento das probas selectivas e resolución de incidencias.

8.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, aprobadas mediante a Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007, e no acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

A persoa titular da presidencia deberalles solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorra neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

8.3. A autoridade convocante publicará no DOG a orde correspondente pola cal se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

8.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia de, polo menos, tres dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas titulares da Presidencia e da Secretaría.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións realizadas polo tribunal redactarse a acta correspondente, que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

8.5. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases; na Lei 40/2015, do 1 de outubro; nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e ao resto do ordenamento xurídico.

8.6. O tribunal poderá propor a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen se deberá limitar a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz, pero non voto.

8.7. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

8.8. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

9. Relación de persoas aprobadas e lista de reserva, elección de prazas, presentación de documentación e nomeamento como persoal funcionario en prácticas para a quenda de oposición libre.

9.1. Relación de persoas aprobadas e lista de reserva.

Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal elaborará por orde decrecente de puntuación a lista de persoas aprobadas. O número destas persoas non poderá superar o de prazas convocadas.

Así mesmo, o órgano de selección elaborará, tamén por orde decrecente de puntuación, unha lista de reserva cun número de persoas aspirantes que será como máximo igual ao de persoas aprobadas. Na lista de reserva figurarán aquelas persoas aspirantes que, aínda que superaron as probas do proceso selectivo, non resultaron aprobadas por obteren unha puntuación inferior á da última persoa que obtivo praza.

Ambas as dúas listas serán publicadas na páxina web da Agasp.

9.2. Elección de praza.

A Dirección Xeral da Agasp, a través da súa páxina web, convocará as persoas aprobadas a unha reunión presencial para elixir praza, dentro das comprendidas nesta convocatoria, por rigorosa orde da puntuación obtida no proceso selectivo.

A concorrencia por parte das persoas aprobadas á reunión prevista neste artigo é obrigatoria nos mesmos termos e coas mesmas excepcións que se aplican á obriga de acudir ás probas das oposicións consonte o artigo 12 do Decreto 243/2008. Ás persoas aprobadas que, estando obrigadas, non comparezan persoalmente ou por medio de representante seranlles adxudicadas as prazas que lles correspondan segundo a puntuación obtida no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación daquelas ás persoas aprobadas presentes ou representadas, entre as que quedasen sen adxudicar.

Asignadas as prazas de acordo co previsto nesta base, a Dirección Xeral da Agasp publicará na súa páxina web a relación destas co nome das persoas ás cales foron adxudicadas e comunicaralles os datos aos concellos que correspondan, xunto coa data prevista para o comezo do preceptivo curso selectivo de formación e a documentación precisa que acredita o cumprimento dos requisitos exixidos para o seu nomeamento como funcionarios/as en prácticas.

A partir do día seguinte ao da publicación da adxudicación das prazas, as persoas ás cales se lles adxudicasen disporán dun prazo de cinco días hábiles para a presentación ante o concello, para os efectos que correspondan.

As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos non poderán ser nomeadas persoal funcionario en prácticas e quedarán sen efecto as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.3. Nomeamento como persoal funcionario en prácticas.

Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, e inmediatamente antes do comezo do curso selectivo de formación, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario en prácticas mediante resolución da correspondente Alcaldía, que se publicará no Boletín Oficial da provincia (BOP).

As persoas así nomeadas permanecerán na dita situación desde o comezo do curso selectivo ata que se produza o seu nomeamento como persoa funcionaria de carreira ou a súa exclusión do procedemento selectivo.

O curso selectivo de formación será convocado a través de resolución da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, na cal se indicará a data de inicio.

En caso de renuncia, falecemento, falta de xustificación dos requisitos para o nomeamento, incapacidade absoluta sobrevida ou concorrencia de calquera outra causa que impida o nomeamento dunha persoa aspirante como persoal funcionario en prácticas ou prive de eficacia o nomeamento xa realizado, o concello comunicará esta circunstancia á Dirección Xeral da Agasp, que substituirá a persoa afectada pola primeira que figure na lista de reserva, sempre con anterioridade ao desenvolvemento do correspondente curso selectivo de formación.

9.4. Curso selectivo de formación.

As persoas aspirantes aprobadas deberán superar un curso selectivo de formación teórico-práctico na Agasp como requisito indispensable para acceder á condición de persoal funcionario de carreira na categoría de policía, escala básica, de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 4/2007 e no artigo 16 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro.

Só estarán dispensadas de realizar o dito curso aquelas persoas que xa o superasen con anterioridade na Agasp. En tal caso, serán nomeadas directamente na condición de persoal funcionario de carreira.

No caso da non incorporación ao curso ou de abandono deste sen rematalo, salvo por causas excepcionais, considerarase que a persoa aspirante non superou o proceso selectivo.

O alumnado que non supere o curso teórico-práctico na Agasp, incluídas as probas de carácter extraordinario, perderá todos os dereitos alcanzados no proceso selectivo.

Aos funcionarios e funcionarias en prácticas seralles de aplicación o Regulamento de réxime interior da Agasp durante o seu curso de formación e o período de prácticas, e con carácter supletorio cando os feitos non constitúan falta no dito regulamento seranlles de aplicación as normas do réxime disciplinario da Policía Local de Galicia, recollidas na Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e normativa de desenvolvemento.

A cualificación do curso de formación e do período de prácticas quedarán en suspenso ante a concorrencia sobrevida de calquera causa de exclusión ata que non se resolva o expediente que se incoe.

10. Nomeamento como persoal funcionario de carreira do concello correspondente na quenda de concurso para mobilidade.

10.1. O tribunal remitiralle á Agasp a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira dos correspondentes concellos segundo o resultado do concurso de méritos, en número non superior ao de prazas convocadas, xunto con igual número de reservas.

10.2. A Agasp notificaralles esta proposta aos concellos interesados no prazo de 5 días desde a súa publicación para que eleven a definitiva tal proposta e se proceda ao seu nomeamento.

Así mesmo, a Agasp comunicaralles, no suposto de quedaren prazas vacantes ou declaradas desertas, a súa incorporación á convocatoria de oposición libre.

11. Procedementos penais ou administrativos pendentes.

Cando as persoas que participan no proceso selectivo teñan aberto, ou se lles abra con posterioridade, un procedemento penal ou administrativo que puidese rematar cunha condena por delito doloso, coa separación do servizo das administracións públicas ou a inhabilitación para o exercicio das funcións públicas, a admisión no procedemento selectivo, a permanencia nel, así como o seu ingreso no corpo da policía local quedarán condicionados ao feito que nos citados procedementos non se produza a condena ou separación referida.

O persoal participante, no suposto de atoparse nas situacións descritas no parágrafo anterior, debe comunicar tal situación, e a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública poderá solicitar en calquera momento do proceso selectivo unha declaración xurada de non atoparse nas ditas situacións.

A falsidade ou omisión de datos nesta declaración xurada dará lugar ás responsabilidades que se establezan no Regulamento de réxime interior da Agasp en relación co incumprimento das ordes ou disposicións ditadas pola Dirección Xeral da Academia.

12. Información ás persoas interesadas.

Sobre esta convocatoria poderase obter información adicional na Agasp a través dos seguintes medios:

a) https://sede.xunta.gal/portada

b) Páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.gal).

c) No enderezo electrónico seleccion.agasp@xunta.gal

d) No teléfono da Agasp 886 20 61 27.

e) No Servizo de Coordinación, Planificación e Selección (avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, Pontevedra).

Disposición adicional única

En virtude do establecido no artigo 6 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 9 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, esta Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia Xustiza e Turismo acorda delegar a facultade de nomear o tribunal que deberá cualificar este proceso e, de ser o caso, a susbstitución dos membros que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base 8.2 desta convocatoria na persoa titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.

Disposición derradeira única

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo e as persoas que nel participen.

2. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polo tribunal, pola autoridade convocante ou polo órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de seguridade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, consonte a Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, consonte a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

4. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Concello

Nº de prazas

Denominación

Escala

Categoría

Grupo

Procedemento de selección

A Coruña

2

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

A Illa de Arousa

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

A Pobra de Trives

2

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Betanzos

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Narón

2

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Ortigueira

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Ponteareas

2

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Pontevedra

5

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Porto do Son

3

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Tui

4

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Valdoviño

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Vilagarcía de Arousa

4

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Viveiro

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Oposición

Concello

Nº de prazas

Denominación

Escala

Categoría

Grupo

Procedemento de selección

A Coruña

2

Policía local

Básica

Policía

C1

Concurso

Tui

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Concurso

ANEXO IV

Táboa de méritos da quenda de concurso

Epígrafes

Descrición dos méritos que se van valorar

Valoración parcial

(en puntos)

1. Titulacións académicas oficiais

– Título universitario de posgrao, doutor ou equivalente

– Título universitario de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente

– Técnico superior, diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, diplomado superior en Criminoloxía, Ciencias Policiais ou equivalente

– Bacharelato técnico ou equivalente

3,00

2,00

1,50

0,50

2. Antigüidade como funcionario de carreira

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, nos corpos de policía local

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, noutro corpo de seguridade

– Cada ano de servizo, ou fracción superior a 6 meses, noutro corpo de calquera Administración pública

0,20

0,10

0,05

3. Formación profesional e docencia

Como alumno da Agasp ou en actividades conveniadas

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

Como alumno noutras actividades alleas á Agasp

– Cursos ou actividades ata 20 horas

– Cursos ou actividades entre 21 e 40 horas

– Cursos ou actividades entre 41 e 70 horas

– Cursos ou actividades entre 71 e 100 horas

– Cursos ou actividades entre 101 e 200 horas

– Cursos ou actividades de máis de 200 horas

AS

0,015

0,010

0,20

0,35

0,45

0,50

0,75

1,00

AP

0,025

0,020

0,30

0,50

0,65

0,75

1,00

1,30

Como profesor da Agasp ou en actividades conveniadas

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

Como profesor noutras actividades alleas á Agasp

– Cada hora en actividades de tipo presencial

– Cada hora en actividades de formación en liña

0,020

0,015

0,015

0,010

4. Distincións e recompensas oficiais

– Placa individual ao mérito da policía local

– Placa colectiva ao mérito da policía local

– Medalla ao mérito da policía local

– Medalla ou cruz ao mérito policial doutros corpos

– Distincións do órgano colexiado competente do concello

2,00

1,50

1,00

0,75

0,25

5. Idiomas

Coñecemento de idiomas, distintos do español e do galego, acreditados por certificado de EOI

A) Ciclos

– Certificado de superación do ciclo elemental

– Certificado de superación do ciclo superior

B) Niveis

– Certificado de superación do nivel básico

– Certificado de superación do nivel intermedio

– Certificado de superación do nivel avanzado

Só se terá en conta o ciclo ou nivel de máis valor daqueles que se acrediten

1,00

2,00

0,65

1,30

2,00

6. Lingua galega

Coñecemento da lingua galega, segundo acreditación

– Celga 1

– Celga 2

– Celga 3

– Celga 4

– Curso de iniciación

– Curso de perfeccionamento

– Curso de linguaxe administrativa nivel medio

– Curso de linguaxe administrativa nivel superior

Só se terá en conta o título de máis nivel dos que se acrediten

0,25

0,50

0,75

1,00

0,75

1,00

1,50

2,00

ANEXO V

Exercicios

1. Primeiro exercicio: proba de avaliación dos coñecementos.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas cada unha, que serán propostas polo tribunal e deberán amosar o dominio dos contidos do temario que figura como anexo VI desta orde.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do temario que no momento de publicación no DOG desta convocatoria conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior. Esta mesma data terase en conta, igualmente, para todos aqueles datos do temario que se poidan valorar.

As persoas aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas para a súa realización.

O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que esta proba sexa corrixida sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. Cando finalice entregaráselle a cada aspirante a folla autocopiativa do seu exame. O cadro coas respostas correctas publicarase no mesmo lugar en que se realizou e no portal web da Agasp.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e a valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás cales corresponden os resultados obtidos.

A proba será cualificada polo tribunal de cero a dez puntos e será preciso acadar cinco puntos como mínimo. A cualificación farase atendendo á seguinte fórmula:

N=(A-F/3)/10

Onde N= nota final da proba; A= cuestións acertadas; F= cuestións erradas ou non contestadas.

Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización da proba, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nestas bases.

2. Segundo exercicio: proba de avaliación do coñecemento da lingua galega.

Realizarase a continuación da proba de coñecementos e consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego e doutro texto do galego para o castelán. Os textos serán elixidos polo tribunal inmediatamente antes de ter lugar a proba.

O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

O exercicio valorarase como apto/a ou non apto/a e para superalo será necesario obter o resultado de apto/a.

As persoas aspirantes que estivesen en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), estarán exentos da realización desta proba.

3. Terceiro exercicio: probas de aptitude física.

Este terceiro exercicio consistirá na realización de todas as probas físicas que se indican a seguir.

1. Comprobación da estatura.

Antes de comezar as probas físicas efectuarase o control da estatura das persoas aspirantes e quedarán eliminadas as que non acaden a estatura mínima de 1,65 metros, para os homes, e 1,60 metros, para as mulleres.

2. Probas físicas.

As probas de aptitude física terán a cualificación de apto ou non apto. Para obter a cualificación de apto é necesario non superar as marcas establecidas como máximas para as probas 2.1, 2.4 e 2.5, e alcanzar ou superar os mínimos das probas 2.2 e 2.3. Os exercicios realizaranse pola orde en que están relacionados e cada un é eliminatorio para realizar o seguinte.

As persoas aspirantes entregaranlle ao tribunal un informe médico en que se faga constar expresamente que a persoa aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias para a realización dos exercicios físicos que se especifiquen na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.

Este informe médico deberá ser expedido dentro dos 15 días inmediatamente anteriores á data de realización da primeira proba de aptitude física.

Establécense diferentes marcas para cada sexo. As probas realizaranse de forma individual, agás as de velocidade, resistencia xeral e natación, que poderán facerse de forma colectiva se así o considera o tribunal cualificador. Nas probas de resistencia xeral e natación, disponse dunha soa posibilidade de execución; no resto permitirase unha segunda realización cando na primeira non se obteña a cualificación de apto.

O desenvolvemento de cada unha das probas físicas deberá realizarse en lugares axeitados ao tipo de proba que se vai executar. En todas as probas se deberá empregar un sistema de medición que garanta a exactitude e certeza das marcas individuais obtidas por cada opositor.

2.1. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos.

Realizarase nunha pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chaira de terreo compacto.

A persoa aspirante colocarase na pista no lugar sinalado e poderá realizar a saída de pé ou agachada, sen utilizar tacos de saída.

As marcas máximas (en segundos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 7.40”.

Mulleres: 8.20”.

2.2. Proba de potencia de tren superior: os homes realizarán flexións de brazos e as mulleres suspensión en barra.

2.2.1. Flexións de brazos.

Realizarase nun ximnasio ou nun campo de deportes.

Iniciarase desde a posición de suspensión pura, agarrando a barra coas palmas das mans núas, á fronte, e cos brazos totalmente estendidos.

A flexión completa realizarase de maneira que o queixo asome por enriba da barra. Antes de iniciar outra nova flexión será necesario estender totalmente os brazos. Non se permite o balanceo do corpo ou a axuda con movementos das pernas e efectuaranse de forma continuada.

Contaranse soamente as flexións completas e realizadas correctamente. O número mínimo exixible é de 10 flexións.

2.2.2. Suspensión en barra.

Realizarase nun ximnasio ou nun campo de deportes.

O exercicio consiste en quedar, o maior tempo posible, na posición que se describe: brazos flexionados, presa coas palmas da man cara a atrás, pernas completamente estendidas e sen tocar o chan, queixo situado por enriba da barra e sen ter contacto con ela.

O tempo mínimo exixido para a superación da proba é de 52 segundos.

2.3. Proba de potencia de tren inferior: salto horizontal.

Realizarase nun ximnasio ou nun campo de deportes, con chan horizontal e coa superficie adecuada para efectuar a medición das marcas.

A persoa aspirante colocarase de pé detrás dunha liña sen pisala, cos pés separados, paralelos entre si e á mesma altura (realizarase o salto desde a posición de parado). Realizará un salto horizontal caendo cos dous pés ao chan. Medirase a distancia entre a liña de saída ata a marca do apoio de caída máis próxima á liña.

As marcas mínimas exixidas (en centímetros) para a superación da proba son:

Homes: 210 cm.

Mulleres: 185 cm.

2.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos.

Realizarase nunha pista de atletismo ou en calquera zona totalmente chá de terreo compacto.

A persoa aspirante colocarase na pista no lugar indicado. A saída realizarase en pé.

Será eliminado o corredor que abandone a pista durante a carreira.

As marcas máximas (en minutos e segundos) exixidas para a superación da proba son:

Homes: 3’30”.

Mulleres: 4’10”.

2.5. Proba de natación: 25 metros estilo libre.

Realizarase nunha piscina que permita efectuar o percorrido sen facer viraxes.

A persoa aspirante poderá colocarse para a saída, ben sobre a plataforma, ben no bordo da piscina, ou ben no interior do vaso, e deberá permanecer neste último caso en contacto co bordo da saída.

Unha vez que se dea o sinal de saída, as persoas aspirantes, ben en mergullo ou por impulsión sobre a parede, segundo a situación de partida adoptada, iniciarán a proba empregando calquera estilo para a súa progresión.

As marcas máximas (en segundos) para a superación da proba son:

Homes: 0’.24”.

Mulleres: 0’.28”.

A non superación de calquera das probas na forma indicada dará lugar á eliminación da persoa aspirante.

As persoas aspirantes deberán presentarse á realización das probas coa roupa e co calzado que consideren adecuados e cun informe médico expedido dentro dos 15 días inmediatamente anteriores á data de realización da primeira proba deste exercicio. A non presentación do dito documento suporá a exclusión da persoa aspirante do proceso selectivo.

Para a proba de natación, as persoas aspirantes utilizarán traxes de baño (que achegarán elas mesmas) do modelo que desexen. Queda prohibida a utilización de traxes de neopreno ou similares e axudas para a flotabilidade e/ou o incremento da velocidade de calquera tipo.

4. Cuarto exercicio: probas psicotécnicas.

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais das persoas aspirantes e a súa adecuación as funcións policiais que deberán desempeñar e comprobarase ás que presentan un perfil psicolóxico axeitado.

Terá que efectualas e valoralas persoal especialista e cualificaranse como apto/a ou non apto/a. Para superalas será necesario obter o resultado de apto/a no conxunto das probas realizadas.

a) Proba de intelixencia.

Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou algúns dos seguintes factores: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

b) Probas de personalidade.

As probas orientaranse á avaliación dos trazos de personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social das persoas aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou de personalidade. Entre outros, exploraranse os seguintes aspectos: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación ás normas, capacidade de afrontar o estrés e motivación polo traballo policial.

Os resultados obtidos nas dúas probas anteriores serán contrastados mediante unha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario formulado verbalmente coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico das persoas aspirantes.

Á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse ademais os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de estrés ou de trastornos do estado de animo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou doutros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

5. Quinto exercicio: recoñecemento médico.

O recoñecemento médico efectuarao persoal facultativo especialista e o seu fin é garantir que as persoas aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións policiais propias do posto de traballo.

Cualificarase como apto/a ou non apto/a e para superalo será necesario obter o resultado de apto/a.

Para os efectos da exclusión da persoa aspirante, terase en conta o seguinte:

a) Obesidade-delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de masa corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9. Considerarase o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos entre o cadrado da estatura expresada en metros.

b) Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial que, a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións policiais.

Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes; en todo caso, coa publicación da data e do lugar desta proba o tribunal publicará o cadro de exclusións médicas que se vai aplicar.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

ANEXO VI

Temario

1. O Estado. Concepto. Elementos. A división de poderes. Funcións. Organización do Estado español. Antecedentes constitucionais en España. A Constitución española de 1978. Estrutura e contido. A reforma da Constitución española. O Estado español como Estado social e democrático de dereito. Dereitos e deberes constitucionais; clasificación e diferenciación.

2. Dereitos fundamentais e liberdades públicas I: dereito á vida e integridade. Liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto. Dereito á liberdade e seguranza. Dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. A inviolabilidade do domicilio e o segredo das comunicacións. A liberdade de residencia e de circulación. O dereito á liberdade de expresión recoñecido no artigo 20 da Constitución.

3. Dereitos fundamentais e liberdades públicas II: dereito de reunión. Dereito de asociación. Dereito á participación nos asuntos públicos e ao acceso a funcións e cargos públicos. A tutela xudicial efectiva e a prohibición de indefensión. A imposición de condena ou sanción do artigo 25 da Constitución, sentido das penas e medidas de seguranza. Prohibición de tribunais de honra. O dereito á educación e á liberdade de ensino. Dereito á sindicación e á folga, especial referencia aos membros das forzas e corpos de seguranza. Dereito de petición.

4. Dereitos e deberes dos cidadáns. Os principios reitores da política social e económica. As garantías dos dereitos e liberdades. Suspensión xeral e individual destes. O Defensor do Pobo.

5. A Coroa. As Cortes Xerais. Estrutura e competencias. Procedemento de elaboración das leis. Formas de Goberno. O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. Funcións do Goberno.

6. O Poder xudicial. Principios constitucionais. Estrutura e organización do sistema xudicial español. O Tribunal Constitucional.

7. Organización territorial de Estado. As comunidades autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Estrutura e disposicións xerais. Institucións: Parlamento. Presidente e Consello de Goberno. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O Valedor do Pobo.

8. Relación da Xunta de Galicia coa Administración do Estado e con outras comunidades autónomas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A reforma do Estatuto de autonomía de Galicia.

9. O dereito administrativo. Fontes e xerarquía das normas.

10. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. A validez dos actos administrativos; nulidade e anulabilidade. Notificación de actos administrativos. Cómputo de prazos. Recursos administrativos. Alzada e reposición; o recurso extraordinario de revisión.

11. O procedemento administrativo. Concepto e principios xerais. Clases. Os interesados. A estrutura do procedemento administrativo.

12. O réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. Tipos de entidades locais.

13. O municipio. Concepto e elementos. Competencias municipais. A provincia: concepto, elementos e competencias. A organización e funcionamento do municipio. O Pleno. O alcalde. A Xunta de Goberno local. Outros órganos municipais.

14. Ordenanzas, regulamentos e bandos. Clases e procedemento de elaboración e aprobación.

15. A licenza municipal. Tipos. Actividades sometidas a licenza. Tramitación.

16. Función pública local. A súa organización. Adquisición e perda da condición de funcionario. Dereitos, deberes e incompatibilidades dos funcionarios. Situacións administrativas.

17. Lei orgánica de forzas e corpos de seguranza. Funcións da policía local.

18. Lei de coordinación das policías locais de Galicia e normas de desenvolvemento. Réxime disciplinario: disposicións xerais e faltas disciplinarias.

19. A actividade da policía local como policía administrativa I: consumo. Abastos. Mercados. Venda ambulante. Espectáculos e establecementos públicos.

20. A actividade da policía local como policía administrativa II: urbanismo. Infraccións e sancións. A protección ambiental: prevención e calidade ambiental, residuos e disciplina ambiental.

21. A Lei de emerxencias de Galicia: aspectos fundamentais.

22. Delitos e delitos leves. Circunstancias modificativas da responsabilidade criminal. Persoas responsables: autores e cómplices. Graos de perfección do delito.

23. Delitos cometidos con ocasión do exercicio dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas garantidos pola Constitución. Delitos cometidos polos funcionarios públicos contra as garantías constitucionais.

24. Delitos contra a Administración pública. Atentados contra a autoridade e os seus axentes. Desordes públicas.

25. Homicidio e as súas formas. Delitos leves contra as persoas. Delitos e delitos leves contra o patrimonio e a orde socioeconómica.

26. Delitos contra a seguranza viaria. Delitos leves cometidos con ocasión da circulación de vehículos de motor. Lesións e danos imprudentes.

27. O atestado policial na Lei de axuizamento criminal. Concepto e estrutura.

28. Detención: concepto, clases e supostos. Prazos de detención. Obrigas do funcionario que efectúa unha detención. Contido da asistencia letrada. Dereito do detido. Responsabilidades penais en que pode incorrer o funcionario que efectúa unha detención. O procedemento de habeas corpus.

29. Lei de seguranza viaria. Regulamentos de desenvolvemento. Estrutura e conceptos xerais.

30. Normas xerais de circulación: lugar na vía, velocidade, prioridade de paso, cambios de dirección e sentido. Adiantamentos. Paraxe e estacionamento. Vehículos e transportes especiais. Cinto e casco de seguranza.

31. Circulación por zonas peonís. Comportamento en caso de emerxencia. Sinais de circulación. Clasificación e orde de prioridade.

32. Procedemento sancionador por infraccións á normativa de circulación. Actuacións complementarias. Inmobilización e retirada de vehículos da vía pública. Carencia do seguro obrigatorio.

33. Accidentes de circulación: definición, tipos e actuacións da policía local. Alcoholemia. Datos. A súa consideración segundo a normativa vixente. Procedemento de indagación do grao de impregnación alcohólica.

34. Estrutura económica e social de Galicia: demografía, economía, servizos públicos, sociedade civil, novas tecnoloxías, patrimonio ecolóxico, social e cultural.

35. Vida en sociedade. Proceso de socialización. Formación de grupos sociais e masas. Procesos de exclusión e inclusión social. A delincuencia: tipoloxías e modelos explicativos.

36. Comunicación: elementos, redes, fluxos, obstáculos. Comunicación con superiores e compañeiros. Equipos de traballo e atención á cidadanía.

37. Minorías étnicas e culturais. Racismo e xenofobia. Actitude policial ante a sociedade intercultural.

38. Igualdade de oportunidades de homes e mulleres en Galicia: conceptos básicos; socialización e igualdade; políticas públicas de igualdade de xénero. Violencia contra as mulleres: descrición, plans de erradicación e atención coordinada ás vítimas.

39. A policía na sociedade democrática. O mandato constitucional. Valores que propugna a sociedade democrática. A dignidade da persoa. Sentido ético da prevención e a represión.

40. Deontoloxía policial. Normas que a establecen. A policía como servizo público.

missing image file