Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51552

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria de axudas ao estudo para o curso académico 2021/22 desta fundación.

Correspóndelle ao presidente da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 30 de abril de 2021, aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2021/22, con suxeición ás bases da convocatoria cuxo texto pode consultarse na seguinte páxina web https://sites.google.com/site/fundacionmvfigueroa/.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecidos na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo dela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2021

Román Rodríguez González
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa