Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51550

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a mellora da accesibilidade e das condicións xerais nas edificacións do grupo de vivendas Diego Xelmírez, Santa Marta de Arriba, números 25 a 33.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 29 de xullo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a mellora da accesibilidade e das condicións xerais nas edificacións do grupo de vivendas Diego Xelmírez (Santa Marta de Arriba, números 25 a 33), segundo o proxecto reformado redactado pola arquitecta Natalia Seoane Bueno, presentado con data do 20 de abril de 2021.

Ao abeiro do disposto polo artigo 13.5 da precitada Lei 1/2019, acórdase que as actuacións dirixidas á mellora das condicións de accesibilidade e da eficiencia enerxética previstas no estudo de detalle non computarán para os efectos de edificabilidade, volume máximo edificable e ocupación de parcela, nin de distancias mínimas a lindeiros, outras edificacións, espazos públicos e vías públicas, ou cumprimento de aliñacións.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e as ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021

O alcalde
P.D. (Decreto 4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica