Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 22 de outubro de 2021 Páx. 51548

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarias de carreira administrativas e auxiliares (ampliación da OEP 2020).

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante as resolucións do 20.8.2021 e do 23.8.2021, nomeou funcionarias de carreira deste concello a:

– Noelia Neila Rouco, con DNI ***1857**, para ocupar unha praza de administrativa da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Mercedes Munáiz Alonso, con DNI ***2728**, para ocupar unha praza de administrativa da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Susana Vázquez Barbosa, con DNI ***6573**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativa da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

– Clara Barciela Balado, con DNI ***9871**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativa da escala de Administración xeral, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo as propostas dos tribunais cualificadores, aos que se lles da publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente consonte o dereito.

Pontevedra, 21 de setembro de 2021

María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura