Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de tres postos de traballo vacantes na Consellería de Política Social, mediante a Orde do 1 de marzo de 2021 (DOG núm. 46, do 9 de marzo), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderá impugnarse directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2021
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social
ANEXO
Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.
Código: PS.C06.00.000.15770.001 (actualmente código PS.C07.00.000.15770.001).
Nivel: 18.
Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Localidade: Santiago de Compostela.