En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; e no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
• Solicitante: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.; CIF: A32259541.
• Denominación do proxecto: parque eólico San Martiño.
• Concello afectado: Baltar (Ourense).
• Potencia que se vai instalar: 18 MW.
• Número de aeroxeradores: 4 x 4,5 MW de potencia nominal unitaria.
• Produción neta anual estimada: 55.959 MWh/ano.
• Subestación: ST PE San Martiño 132/30 kV.
• Orzamento total (execución material): 13.750.954,93 €.
• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).
Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:
Vértice |
UTM-X |
UTM-Y |
V01 |
599.590 |
4.638.072 |
V02 |
600.875 |
4.639.784 |
V03 |
602.565 |
4.640.509 |
V04 |
603.780 |
4.640.509 |
V05 |
603.780 |
4.639.829 |
V06 |
604.266 |
4.639.135 |
V07 |
604.044 |
4.638.822 |
V08 |
603.613 |
4.639.200 |
V09 |
603.131 |
4.639.353 |
V10 |
602.528 |
4.639.337 |
V11 |
601.886 |
4.638.725 |
V12 |
601.305 |
4.638.007 |
V13 |
600.953 |
4.637.880 |
V14 |
600.700 |
4.637.720 |
V15 |
600.224 |
4.637.531 |
V16 |
599.800 |
4.637.523 |
As coordenadas previstas en proxecto para os aeroxeradores e para a subestación (SET) son:
UTM-X |
UTM-Y |
|
SM6.1 |
600.033 |
4.637.934 |
SM6.2 |
600.588 |
4.637.911 |
SM6.3 |
602.380 |
4.639.484 |
SM6.4 |
603.327 |
4.639.513 |
SET |
603.084 |
4.640.101 |
Características técnicas recollidas no proxecto:
– 4 aeroxeradores modelo SG-145 de 4,5 MW de potencia unitaria do fabricante Siemens, cunha altura de buxa de 107,5 m, diámetro de rotor de 145 m, cos seus correspondentes centros de transformación, situados na propia nacelle dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 5.500 kVA e relación de transformación de 30/0,69 kV.
– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación receptora do parque (SET), composta por dous circuítos con condutores tipo Al HEPRZ1 18/30 kV de sección 300 mm2, o circuíto 1 para a interconexión dos aeroxeradores SM6.1, SM6.2 e SM6.3 e o circuíto 2 para o aeroxerador SM6.4.
– Subestación ST PE San Martiño 132/30 kV con parque a nivel de 132 kV en intemperie con aparellaxe convencional e seguintes elementos: un transformador de potencia de 55 MVA e relación de transformación 132/30 kV; unha posición de barras, unha posición de liña e unha posición de trafo, cos equipos necesarios de protección e medida. En 30 kV, os seguintes elementos: reactancia de posta a terra de 1.300 A-10 s, en serie con resistencia monofásica de posta a terra de 500 A-15 s; unha posición de transformador, con trafo de SS.AA. 30/0,420-0,242 kV de 250 kVA; unha posición de trafo do parque eólico e outra de trafo de reserva; unha posición de medida; dúas posicións de liña para a conexión dos aeroxeradores e unha posición de liña de reserva; ademais dunha liña para alimentación ao equipo de compensación de potencia reactiva. Todo iso, co equipamento complementario para as funcións de control, mando e protección da SET.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa e de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental das instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución (2.8.2021, visado o 3.8.2021).
2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (xullo de 2021).
3. O proxecto de interese autonómico (2.8.2021, visado o 3.8.2021).
O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da consellería:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
A documentación sometida a información pública estará tamén dispoñible, durante o sinalado prazo, nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Ourense,14 de outubro de 2021
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense