Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52400

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio a agosto do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021

Paula Uría Traba
Directora do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de maio, xuño, xullo e agosto

Convenio

Data de sinatura

Achega axencia

Convenio entre a entidade pública empresarial Portos de Galicia e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

2.7.2021

33.553,09 €

Convenio entre a Axencia Galega de Industria Forestal e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

2.7.2021

28.982,89 €

Convenio entre o Servizo Galego de Saúde e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

5.7.2021

800.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

6.7.2021

166.446,88 €

Convenio entre a Axencia Turismo de Galicia e a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020

22.7.2021

190.481,48 €

Convenio entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para a elaboración do Plan de promoción e impulso da xeotermia en Galicia 2021-2023, o desenvolvemento dunha metodoloxía para a cuantificación e análise de alternativas de disposición dunha base de datos actualizada das instalación xeotérmicas realizadas en Galicia e a realización de actividades de difusión e formación

27.7.2021

35.000,00 €