Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52408

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 15 de outubro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019.

Nas sesións que tiveron lugar os días 21 de setembro, e 7 e 15 de outubro, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,

ACORDOU:

Primeiro. Que, examinadas as reclamacións presentadas polas persoas aspirantes sobre as listas de puntuacións publicadas polo Acordo do 9 de agosto de 2021 (DOG núm. 168, do 1 de setembro) e feita unha nova corrección respecto ás vinte e sete reclamacións recibidas, cinco ven incrementada a súa puntuación, o que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que viron modificada a súa puntuación.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal