Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 26 de outubro de 2021 Páx. 52480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de técnico medio de Administración xeral, pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 169, do 2 de setembro de 2021, publícanse integramente as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 26 de maio de 2021, da convocatoria para a cobertura por un funcionario de carreira dunha praza de técnico medio de Administración xeral, mediante a quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias para solicitar tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 29 de setembro de 2021

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente