Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52723

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área de Uroloxía, convocado mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019.

Mediante a Resolución desta dirección xeral, do 11 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia núm. 54, do 22 de marzo), nomeáronse os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área.

Na base sétima da Resolución do 13 de decembro de 2019, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base, por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Primeiro. Nomear, con efectos desde a data desta resolución, novos membros, na condición de presidente/a titular e suplente, do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área de Uroloxía, convocado mediante a Resolución do 13 de decembro de 2019, nos termos que se indican a continuación:

– Presidente titular. González Dacal, Juan Andrés. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Uroloxía, en substitución de Pereira Beceiro, Javier Mª. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Uroloxía.

– Presidente suplente. González Blanco, Alfonso. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Uroloxía, en substitución de González Dacal, Juan Andrés. Persoal estatutario licenciado sanitario. Especialidade de Uroloxía.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos