Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e modificado pola Orde do 13 de marzo de 2018 (DOG núm. 59, do 23 de marzo), e realizados os actos de elección de destino provisional previstos na Resolución do 16 de xuño 2021 (DOG núm. 120, do 25 de xuño) e na Resolución do 27 de setembro de 2021 (DOG núm. 193, do 6 de outubro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais, segundo o disposto na base IV.6, os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
Anexo
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro directivo |
Centro destino |
Concello |
Subgr. |
Niv. |
Titulación |
Formación |
Observ. |
1 |
***4539** |
Núñez Fernández, Lorena |
7 |
MRC992005527560004 |
Xefatura sección C (Sarria) |
MR |
Oficina de Sarria |
Servizos periféricos |
Sarria |
A1, A2 |
22 |
|
|
|
2 |
***4177** |
Toirán López, Francisco |
10 |
MRC992011032090001 |
Xefatura área de servizos agrarios |
MR |
Área do Barco de Valdeorras-A Pobra de Trives |
Servizos periféricos |
O Barco de Valdeorras |
A1, A2 |
26 |
|
|
|
3 |
***0323** |
Quintana Rodríguez, Mª Luisa |
19 |
MR3010030115080028 |
Xefatura secc. form. e exp. agraria |
MR |
Centro de Formación de Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña) |
Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes |
Bergondo |
A1, A2 |
22 |
Enxeñaría Agrónoma; enxeñaría de Montes; enxeñaría técnica Agrícola |
Experiencia en formación agraria (mérito) |
Xornada especial |
4 |
***7246** |
Dorado Vázquez, Mª del Mar |
13 |
MR3010030115080022 |
Xefatura secc. form. e exp. agraria -X. internado |
MR |
Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña) |
Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes |
Bergondo |
A1, A2 |
22 |
Enxeñaría Agrónoma; enxeñaría de Montes; enxeñaría técnica Agrícola |
Experiencia en formación agraria (mérito) |
Xornada especial |
5 |
***0345** |
García Morrondo, David |
20 |
MR3010030115080035 |
Xefatura secc. form. e exp. agraria |
MR |
Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo (A Coruña) |
Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes |
Bergondo |
A1, A2 |
22 |
Enxeñaría Agrónoma; enxeñaría de Montes; enxeñaría técnica Agrícola |
Experiencia en formación agraria (mérito) |
Xornada especial |
6 |
***1915** |
González Jar, Mª José |
|
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público |
||||||||||
7 |
***2841** |
Mosquera Val, Mª Belén |
|
Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público |
||||||||||
8 |
***5102** |
Estévez Alonso, Mª Ángeles |
4 |
MRC991030132001009 |
Xefatura sección |
MR |
Servizo de Explotacións Agrarias (Ourense) |
Servizos periféricos |
Ourense |
A1, A2 |
25 |
|
|
|