Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente PO-86861 e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas pola Xefatura Territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, emprázanse as persoas citadas no anexo, ou os seus representantes debidamente acreditados, para proceder á notificación das resolucións ditadas no procedemento competencia desta xefatura territorial. No prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, se poderá interpoñer o recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 6 de outubro de 2021

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/PO-86861

35323527N

Resolución en que se desestima o recoñecemento

5.5.2021

BS210A/VI-49524

35288142R

Resolución en que se declaran a caducidade e o arquivamento

2.8.2021