Antecedentes.
Primeiro. O 22.10.2019 tivo entrada o expediente con código PO-00011255P(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Campo da Gonza.
Segundo. O 17.8.2021 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático resolveu o procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificado en sentido favorable, concluíndo que non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria. A resolución foi publicada no DOG núm. 170, do 3.9.2021.
Terceiro. O 23.9.2021 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a resolución do expediente con código PO-00011255P(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Campo da Gonza, concello da Veiga, provincia de Ourense, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Cuarto. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo máis breve posible e, en todo caso, antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente, para a súa publicación, un extracto do contido da dita decisión.
Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.
Polo anteriormente exposto,
RESOLVO:
Facer pública a resolución de aprobación citada no antecedente terceiro de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Expediente: PO-00011255P(1.1) primeira presentación proxecto de ordenación forestal Campo da Gonza.
A dita resolución poderase consultar na ligazón:
https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2021
José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal


