Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52680

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 25 de outubro de 2021 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2021 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé como consecuencia do gromo da COVID-19 (cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) (código de procedemento PE401I).

O Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, estableceu medidas para garantir o abastecemento alimentario permitindo que continuase a actividade marisqueira. Porén, tamén estableceu medidas de contención no ámbito da hostalaría e restauración que supuxeron o peche destas actividades. A vixencia do estado de alarma declarado foi prorrogado sucesivamente polo Real decreto 476/2020, do 27 de marzo; polo Real decreto 487/2020, do 10 de abril, polo Real decreto 492/2020, do 24 de abril, e polo Real decreto 514/2020, do 8 de maio.

A suspensión das actividades de hostalaría e restauración e o peche da canle Horeca como consecuencia do gromo da COVID-19 perturbaron en grande medida o mercado dos produtos da pesca, en particular do marisqueo, xa que provocou un forte descenso da demanda e, en consecuencia, dos prezos de primeira venda. O mesmo sucedeu con actividades non esenciais que provocaron un impacto negativo nos produtores, como a explotación do recurso específico poliquetos. O descenso da demanda e dos prezos, xunto coa dificultade da organización e operativa do traballo no estado de emerxencia sanitaria, levou a un cesamento da actividade marisqueira no marco dos plans de xestión.

No sector de marisqueo a pé, a caída da comercialización cara á canle Horeca supuxo unha perda de ingresos importante para os diferentes colectivos. No caso do marisqueo a pé dedicado aos recursos xerais, a perda de ingresos por facturación en primeira venda entre o 16 de marzo e o 31 de maio foi dun 75 % con respecto ao mesmo período no ano anterior, e chegou a superar o 90 % no primeiro mes e medio. No caso do colectivo de percebe a pé, as perdas foron arredor do 80 % ata o 30 de abril, acadando a finais de maio preto do 70 %, e no caso do colectivo de poliquetos a pé, chegou arredor do 90 % a finais do mesmo mes. Para maior abastanza, na comparativa dos períodos mencionados coa media dos últimos 5 anos resultan perdas similares.

No período de evolución da COVID-19, fases de desescalada e nova normalidade, os condicionantes mencionados seguen a dar lugar á desigualdade na actividade ao longo do territorio e á necesidade de articular novas formas de xestión e organización do traballo, de forma que o desenvolvemento da actividade marisqueira continúa afectado de forma significativa.

Como consecuencia da declaración desta pandemia, o Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) foi modificado polo Regulamento (UE) nº 2020/460, do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de marzo de 2020, de forma que se establecen no seu artigo 33.1.d) axudas ao cesamento temporal da actividade pesqueira como consecuencia do gromo da COVID-19.

Tendo en conta a situación descrita, a Consellería do Mar, no marco do Plan de reactivación e dinamización do eido marítimo pesqueiro fronte á COVID-19, habilita como medida excepcional axudas co obxectivo de apoiar á sustentabilidade do sector de marisqueo a pé afectado pola paralización temporal consecuencia do gromo e paliar os efectos económicos da crise sanitaria provocada por el. Esta orde está cofinanciada polo FEMP conforme o establecido na nova redacción dada ao artigo 33: Paralización temporal de actividades pesqueiras.

A actividade de marisqueo a pé exércese fundamentalmente mediante plans de xestión, o que determina o seu carácter colectivo e permite unificar zonas con características homoxéneas no seu exercicio. Nestas axudas diferenciaranse tres colectivos de marisqueo a pé, en función do tipo de recursos marisqueiros que explotan, xerais ou específicos (percebe ou poliquetos), agrupándose en zonas homoxéneas en canto a días de actividade, e considerando como zona para o baremo o conxunto da actividade na Comunidade Autónoma. Para o cálculo do baremo tivéronse en conta os ingresos medios e días de actividade media no período de referencia dos tres anos civís anteriores.

Por todo o anterior, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e convocar para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas ás persoas mariscadoras a pé afectadas polo cesamento temporal da actividade marisqueira como consecuencia do gromo da COVID-19. Estas persoas, como persoas traballadoras autónomas, quedan sometidas ao disposto no artigo 10.1.a) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Código de procedemento administrativo PE401I.

2. O período de referencia subvencionable da paralización temporal da actividade de marisqueo a pé é do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2020 (ambos incluídos).

Artigo 2. Crédito orzamentario

1. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 2021 15 02 723A 7708, código de proxecto 2020 00085, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

2. O importe máximo das axudas que se concedan no antedito exercicio orzamentario ascenderá a 2.000.000 de euros.

3. O importe consignado, así como a aplicación a que se impute, poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias sen que iso dea lugar á apertura de novo prazo de presentación de solicitudes. En todo caso, a concesión das axudas estará condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución da concesión.

4. As axudas serán cofinanciadas conforme o artigo 33 do Regulamento 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014. A contribución do FEMP será do 75 % con fondos FEMP e a contribución da Comunidade Autónoma de Galicia será do 25 %.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias:

As persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé para recursos marisqueiros xerais ou específicos que levaran a cabo actividade extractiva (días de actividade) cando menos 120 días durante os anos 2018 e 2019.

Cando a persoa mariscadora a pé sexa titular dun permiso de explotación cunha vixencia inferior aos dous anos no momento da data de presentación da solicitude de axuda, os días mínimos de actividade extractiva requiridos para a dita persoa calcularanse como a proporción de 120 días nos dous últimos anos civís. De acordo con isto, os días de actividade extractiva exixidos para cumprir este requisito serán os días resultantes de dividir entre 6, o período desde o outorgamento do permiso de explotación.

2. Os días de actividade extractiva verificaranse mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.

Artigo 4. Requisitos das persoas beneficiarias

1. As persoas mariscadoras a pé que sexan beneficiarias de acordo co disposto no artigo anterior terán que cumprir os seguintes requisitos:

a) Que o permiso de explotación para marisqueo a pé, o permiso de explotación a pé con utilización dunha embarcación auxiliar ou o permiso de explotación a pé para recursos específicos estea en vigor. Ademais, as persoas mariscadoras a pé non terán autorizada a suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación no período de referencia subvencionable.

O cumprimento deste requisito verificarase mediante a información que consta nos rexistros da Consellería do Mar.

b) Estar en situación de alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar no momento da solicitude e durante a vixencia do permiso de explotación para 2020.

c) A actividade extractiva de marisqueo (días de actividade) da persoa no período de referencia subvencionable terá que ser inferior á media dos días de actividade no dito período nos tres últimos anos civís anteriores (agás períodos extraordinarios), establecidos no artigo 7.1.

d) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas nas cales concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) As sinaladas no artigo 10, parágrafos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Que se atopen nalgún dos supostos establecidos no artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio.

c) Ter sido sancionada coa imposibilidade de obtención de préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

Artigo 5. Incompatibilidades

A percepción das axudas compensatorias previstas nesta orde é incompatible:

a) Con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, autonómicos, nacionais, da Unión Europea ou dos organismos internacionais.

b) Co recoñecemento da prestación extraordinaria de cesamento de actividade regulada no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19.

c) Coa percepción de axudas como persoa armadora ou tripulante pola paralización temporal da actividade pesqueira para o mesmo período de tempo como consecuencia do gromo da COVID-19, ao abeiro do artigo 33 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

d) Con ter prestacións económicas do sistema da Seguridade Social que resulten contrarias co traballo da persoa beneficiaria.

Exceptúanse as seguintes prestacións: incapacidade temporal, nacemento e coidado de menor, risco durante o embarazo, risco durante a lactación, coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave. Neste caso, para o período do 1 de xullo ao 31 de decembro descontarase a parte proporcional dos días de parada subvencionados que correspondan.

Artigo 6. Obrigas das persoas beneficiarias

1. As persoas beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos establecidos na normativa de aplicación a estas.

2. As persoas beneficiarias deberán:

a) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución ou a consecución dos fins para os que foi concedida a axuda da que se trate.

b) Facilitar toda a información que lles sexa requirida en relación coas subvencións concedidas e someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a entidade concedente, así como aos órganos de fiscalización e control da Comunidade Autónoma, da Administración xeral do Estado e da Unión Europea.

c) Proporcionar toda a información e datos necesarios para poder proceder ao seguimento e avaliación do programa operativo, de acordo co establecido no artigo 111 do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao FEMP.

d) Cumprir as condicións de admisión da solicitude do artigo 10.1 do Regulamento (UE) nº 508/2014, durante todo o período de execución da operación e durante un período de cinco anos despois da realización do pagamento final. Así, no caso de se detectaren infraccións ou fraudes en controis posteriores á concesión da axuda, e de conformidade co artigo 202 do Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, poderase recuperar a axuda aboada indebidamente.

e) Manter un sistema de contabilidade separado, ou ben asignar un código contable axeitado que permita coñecer todas as transaccións relacionadas coa operación que se subvenciona, co obxecto de facilitar a pista de auditoría, de acordo co artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.

Artigo 7. Contía da axuda

1. O importe máximo da axuda concedida ás persoas mariscadoras a pé será unha cantidade que se calculará multiplicando o baremo aplicable por cada día de parada realizado no período de referencia. Os días de parada poderán ser continuos ou interrompidos.

Entenderase como días de parada subvencionable a diferencia entre os días de actividade extractiva media correspondentes ao período de referencia, por zonas agrupadas homoxéneas e por colectivo de a pé, nos tres anos anteriores ao ano 2020 (agás períodos extraordinarios), menos os días de actividade extractiva correspondentes ao mesmo período no ano 2020.

Para os efectos desta orde, diferéncianse os seguintes colectivos a pé: marisqueo xeral a pé (para recursos marisqueiros xerais), marisqueo de recursos específicos percebe e marisqueo de recursos específicos poliquetos.

O cálculo dos días de parada suvencionable (Dps) será:

Dps= días medios de actividade no período de referencia, por zona agrupada e por colectivo a pé, nos tres anos anteriores a 2020 (agás períodos extraordinarios) - días de actividade da persoa mariscadora a pé no período de referencia.

Os días medios de actividade por zona agrupada dos diferentes colectivos a pé no período de referencia nos anos 2017, 2018 e 2019 serán os seguintes:

Media da actividade extractiva do 1 de xullo a 31 de decembro nos anos 2017, 2018 e 2019 (agás períodos extraordinarios)

Colectivo a pé

Zonas

Días

Marisqueo xeral

Zonas I, II, III

71

Zonas IV, V

57

Zonas VI, VII

53

Zonas VIII, IX

51

Recursos específicos percebe

Zonas I, III, IV

51

Zonas V, VI,VII

39

Zona IX

45

Recursos específicos poliquetos

Todas as zonas

57

O baremo da axuda por día de parada será o 90 % do nivel de ingresos medios da actividade extractiva dos mariscadores a pé por colectivo (marisqueo xeral, percebe e poliquetos) entre o 1 de xullo e o 31 de decembro, durante os 3 anos civís anteriores, agás períodos extraordinarios, segundo o establecido a continuación:

a) Para persoas mariscadoras a pé de marisqueo xeral: 91 €.

b) Para persoas mariscadoras a pé de percebe: 110 €.

c) Para persoas mariscadoras a pé de poliquetos: 60 €.

2. As persoas mariscadoras a pé que só sexan titulares dun permiso de explotación a pé para recursos específicos diferente ás modalidades de percebe e poliquetos consideraranse no colectivo de marisqueo xeral para os efectos do regulado desta orde. O número de días de actividade extractiva reducirase proporcionalmente se o plan de xestión aprobado en que participa a persoa non recolle todo o período de referencia subvencionable.

3. As persoas que teñan permiso de explotación para marisqueo a pé (marisqueo xeral) e permiso de explotación a pé para recursos específicos só poderán obter unha axuda de paralización temporal. A persoa indicará a súa opción na solicitude que presente.

4. A actividade extractiva da persoa mariscadora terá en conta a explotación de todos os recursos marisqueiros para os cales estea autorizada.

5. A contía das axudas está condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 8. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 9. Forma de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)

A solicitude de axuda dirixirase, en función do permiso de explotación para marisqueo a pé, á xefatura territorial correspondente da Consellería do Mar.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Forma parte de cada solicitude a declaración responsable que contén e na cal se fan constar os seguintes aspectos:

a) Que cumpran os requisitos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Que non se atopan en ningún dos supostos establecidos no número 1 do artigo 10 do Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, é dicir:

1º. Non ter cometido infracción grave consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou o artigo 90.1 do Regulamento (CE) nº 1224/2009.

2º. Non ter estado involucradas na explotación, xestión ou propiedade de buques pesqueiros incluídos na lista de buques INDR da Unión Europea recollida no artigo 40.3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 ou de buques que enarboren pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes segundo se establece no seu artigo 33.

3º. Non ter cometido infraccións graves da política pesqueira común (PPC).

4º. Non ter cometido fraude no marco do Fondo Europeo de Pesca (FEP) ou do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

c) Non ter sido sancionadas coa imposibilidade de obter préstamos, subvencións ou axudas públicas, de acordo co previsto no título V da Lei 3/2001, do 26 de marzo, de pesca marítima do Estado, e do título XIV da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia.

d) O conxunto de todas as solicitudes formuladas ou concedidas para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes.

e) Non ser perceptor da prestación extraordinaria de cesamento de actividade regulada no artigo 17 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19.

f) Non ser perceptor de axudas como persoa armadora ou tripulante pola paralización temporal da actividade pesqueira para o mesmo período de tempo como consecuencia do gromo da COVID-19, ao abeiro do artigo 33 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

g) A percepción dalgunha das seguintes prestacións entre o 1 de xullo e o 31 de decembro: incapacidade temporal, nacemento e coidado de menor, risco durante o embarazo, risco durante a lactación, coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.

A presentación da solicitude de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade das declaracións anteriores por calquera medio ou rexistro dispoñible.

Artigo 10. Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II. Nomeamento de representante, se é o caso.

b) Documentación de acreditación da personalidade: no caso de solicitude por persoa representante, acreditar a representación por calquera medio válido en dereito que deixe constancia da súa existencia.

Entenderase acreditada a representación nos procedementos administrativos tramitados polo sector público autonómico mediante outorgamento de apoderamentos apud acta efectuados pola comparecencia persoal nas oficinas da rede regulada na dita lei, pola comparecencia electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da acreditación da inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia, ou no que corresponda, do poder de representación.

c) De ser o caso, informe do Instituto Social da Mariña (ISM) de percepción dalgunha das seguintes prestacións no período comprendido entre o 1 de xullo e o 31 de decembro de 2020:

1º. Cesamento de actividade de traballadores autónomos.

2º. Incapacidade temporal.

3º. Nacemento e coidado de menor.

4º. Risco durante o embarazo.

5º. Risco durante a lactación.

6º. Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou exista dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa física solicitante.

b) DNI/NIE da persoa autorizada ou NIF da entidade autorizada.

c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

f) Certificado de estar día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións obtida da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

g) Concesións de subvencións e axudas.

h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Vida laboral.

j) A condición de persoa mariscadora a pé, que se acredita por ser titular dun permiso de explotación para marisqueo a pé, dun permiso de explotación para marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar ou dun permiso de explotación a pé para recursos específicos, así como o feito de non ter autorizada a suspensión temporal deste, serán verificados pola Consellería do Mar a través dos datos existentes no seus rexistros.

k) Verificación do número de días de actividade extractiva realizados pola persoa no período de parada subvencionable, que se comprobará da mesma forma que na epígrafe anterior.

l) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais que deberá ser obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, e deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que a persoa solicitante non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitaráselle á persoa interesada que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado do anexo I e achegar os documentos.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Artigo 12. Emenda da solicitude

1. Os órganos responsables da tramitación das solicitudes nas xefaturas territoriais da Consellería do Mar comprobarán que estas reúnen todos os requisitos recollidos nesta orde. No caso contrario, poráselles de manifesto por escrito aos interesados para que nun prazo de dez (10) días hábiles remitan cantos datos, documentos complementarios e aclaracións se consideren necesarios para poder resolver o expediente, coa indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desistiron da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas polo órgano xestor, de conformidade co disposto no artigo 9.3, resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais ou das débedas coa Comunidade Autónoma.

2. Sen prexuízo do sinalado no parágrafo anterior, en calquera momento do procedemento o servizo xestor poderalle requirir á persoa solicitante que remita aqueles datos ou documentos complementarios que resulten necesarios para tramitar e adoptar a resolución que proceda.

Artigo 13. Tramitación do procedemento

A tramitación das solicitudes realizarase por fases; no caso de que unha solicitude non supere unha das fases, implicará que a súa tramitación finalizará sen que poida pasar á fase seguinte e, neste caso, o órgano competente emitirá a correspondente resolución.

A) Fase de admisión de solicitudes.

1. Inicio do expediente.

a) Os servizos de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica das xefaturas territoriais da Consellería do Mar analizarán os expedientes e requirirán a emenda da documentación necesaria, se é o caso.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a deficiencia ou remita os documentos recollidos no artigo 10.

Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se dará por desistido da súa solicitude.

Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 11 resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

A documentación requirida para a emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo do sinalado no número anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

4. Os expedientes iniciados nas xefaturas territoriais remitiranse, xunto cun informe ao respecto, ao Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota, que é o órgano instrutor que continuará coa tramitación e emitirá un informe sobre o cumprimento dos requisitos da convocatoria.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor, que formulará unha proposta de resolución de non admisión ou de desistencia, segundo sexa o caso, no cal se indicarán as causas que o motivan.

B) Fase de avaliación das solicitudes.

1. Unha Comisión de Selección valorará os criterios de valoración que servirán de base para determinar a prelación das solicitudes, cando as solicitudes subvencionables superen as dispoñibilidades orzamentarias.

2. Os criterios de valoración para determinar a prelación das solicitudes serán os que se relacionan a seguir:

a) Número de días de actividade extractiva (notas de venda) no período de referencia subvencionable de parada, ata un máximo de 5 puntos. Outorgarase a máxima puntuación á solicitude que teña maior número de días de actividade extractiva no período de referencia establecido e o resto asignarase de maneira proporcional, segundo os días de actividade.

b) Número de días de actividade extractiva no período de dous anos civís anteriores á data de presentación da solicitude, ata un máximo de 5 puntos. Outorgarase a máxima puntuación á solicitude que teña maior número de días de actividade extractiva no conxunto dos anos 2018 e 2019 e o resto asignarase de maneira proporcional, segundo os días de actividade.

c) Porcentaxe de perda de ingresos (notas de venda) no período de parada subvencionable, sempre que sexan iguais ou superiores a un 30 % en relación co mesmo período de referencia no ano anterior, ata un máximo de 5 puntos. Entre as solicitudes que teñan perdas de ingresos no período de referencia de parada iguais ou superiores ao 30 % en relación co mesmo período de tempo no ano anterior, outorgaráselle a máxima puntuación á solicitude que teña maiores perdas e o resto asignarase de maneira proporcional.

En caso de empate na puntuación entre varias solicitudes, a comisión aplicará como criterio de desempate o valor da puntuación obtida polas solicitudes no criterio a). Se o empate persiste, terase en conta a puntuación obtida nos criterios b) e c), segundo a orde establecida.

C) Fase de selección.

1. Unha vez finalizada a fase anterior, a Comisión de Selección procederá formulará a proposta de resolución de concesión das axudas.

2. Na proposta que formule a Comisión de Selección figurarán de maneira individualizada os solicitantes propostos para obter a subvención, así como a avaliación que lles corresponde segundo os criterios fixados nesta orde. Tamén figurarán os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida ata esgotar as dispoñibilidades orzamentarias. Así mesmo, indicarase a proposta do importe da subvención para cada un deles.

No caso de que a suma das solicitudes subvencionables non supere o crédito existente para as axudas, non será necesario aplicar os criterios de valoración establecidos no artigo 13.B) para establecer a prelación de solicitudes.

3. A Comisión de Selección, se é o caso, establecerá unha lista de reserva con aquelas solicitudes que, reunindo os requisitos establecidos na orde de convocatoria, non obteñan a puntuación necesaria para seren seleccionadas por falta de crédito. Nesta lista de reserva indicaranse os expedientes seleccionados ordenadamente de acordo coa puntuación obtida.

No caso de resultar incrementado o crédito dispoñible, ou ben no caso de renuncias ou perdas sobrevidas do dereito á axuda por parte dalgún beneficiario, e sempre que se librase crédito suficiente, emitirase unha nova proposta en que se terán en conta as solicitudes da lista de reserva.

4. O presidente da Comisión de Avaliación elevará proposta de resolución, a través do órgano instrutor, ao órgano concedente, que ditará as correspondentes resolucións de concesión.

Artigo 14. Comisión de Selección

1. Os expedientes serán avaliados por unha Comisión de Selección constituída na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

2. A composición da Comisión Avaliadora estará formada polos seguintes membros:

a) Presidencia: directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

b) Vogais: dúas persoas funcionarias nomeadas pola Presidencia, unha das cales estará adscrita á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica e outra á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e as persoas titulares das xefaturas do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar de cada unha das xefaturas territoriais.

Unha das persoas vocais da comisión actuará como secretario/a.

3. En caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que designe a Presidencia. No caso de excepcional ausencia do presidente actuará como tal o/a secretario/a.

4. A reunión da Comisión de Selección poderá realizarse presencial ou telematicamente.

5. A comisión poderá requirir a documentación complementaria necesaria para a correcta valoración da solicitude de que se trate.

6. A Comisión Avaliadora poderá traballar asistida dos asesores que xulgue conveniente.

7. A Comisión de Selección reunirase nunha sesión única para a elaboración da proposta de resolución ao órgano concedente, salvo no caso de que a suma dos investimentos subvencionados dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, caso en que poderá realizar cantas sesións considere necesarias e emitir propostas parciais de concesión en cada unha das sesións.

Artigo 15. Resolución e notificación

1. Á vista da proposta de resolución, a persoa titular da Consellería do Mar emitirá resolución motivada pola que se outorguen ou se deneguen as subvencións solicitadas.

2. A resolución de concesión conterá, polo menos:

a) A relación de todas as persoas solicitantes ás cales se lles concede a axuda, o importe desta e as condicións que debe cumprir a persoa beneficiaria.

b) De ser o caso, a relación ordenada das persoas incluídas na listaxe de reserva que, cumprindo as condicións para adquirir a condición de persoa beneficiaria, non fosen estimadas por falta de crédito, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas en función dos criterios de valoración.

c) A contía da axuda concedida, con indicación do importe cofinanciado polo FEMP, e o período e forma de pagamento.

d) Os dereitos e obrigas que debe cumprir a persoa beneficiaria da axuda.

e) O réxime de recursos.

3. As resolucións destas subvencións serán obxecto de notificación, de conformidade co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. A resolución emitirase e notificarase no prazo máximo de dous (2) meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, en todo caso a data límite para resolver sería o 31 de decembro de 2021. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

5. As notificacións de resolucións e actos administrativos desta orde practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

6. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

7. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

8. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e, rexeitadas cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

9. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 16. Aceptación

1. No prazo de (10) días desde a notificación da resolución, as persoas interesadas deberán comunicar a aceptación ou rexeitamento da axuda nas condicións expresadas nela. De non facelo, entenderase tacitamente aceptada.

2. A aceptación da axuda implica a aceptación da súa inclusión como persoas beneficiarias na lista de operacións publicada de conformidade co artigo 119.2 do Regulamento (UE) nº 508/2014, do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo da Pesca.

Artigo 17. Recursos

As resolucións, expresas ou presuntas, que se produzan ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a conselleira do Mar, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo sexa o caso, ou recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou de seis (6) meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo o caso.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán formular calquera outro recurso que consideren pertinente.

Artigo 18. Modificación da resolución

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou a obtención concorrente doutras subvencións ou axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou calquera outro aspecto que se considere que afecta a un aspecto substancial da resolución de concesión, poderán dar lugar á súa modificación ou revogación.

Artigo 19. Pagamento

1. Tendo en conta que se trata dunha compensación e que as persoas beneficiarias non teñen que realizar xustificación do investimento, unha vez concedida a axuda, o pagamento poderase realizar no mesmo acto administrativo que o da concesión da axuda.

2. A proposta de pagamento das axudas realizarase cunha certificación previa da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica do cumprimento de todos os requisitos para acceder ás axudas no momento en que se vaia a ordenar o pagamento.

3. Para o pagamento da axuda será imprescindible que as persoas beneficiarias estean ao día nas súas obrigas tributarias e da Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O órgano xestor das axudas poderá obter dos organismos competentes as citadas certificacións no caso de que caducase a validez das certificacións presentadas coa solicitude.

4. O pagamento das axudas efectuarase mediante transferencia na conta bancaria indicada na solicitude.

Artigo 20. Incumprimento e reintegro das axudas

1. Se a persoa beneficiaria incumpre algún dos requisitos establecidos nestas bases e demais normas aplicables, así como as condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión da axuda, poderán anularse os beneficios concedidos coa obriga de reintegro da axuda ou subvención.

2. Procederá o reintegro total ou parcial da subvención concedida e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da subvención e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos previstos nos artigos 33 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 37 e seguintes da Lei xeral de subvencións 38/2003, do 17 de novembro.

3. De conformidade co artigo 14.1.n) da citada Lei 9/2007, o importe que se deberá reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación de posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Procederá o reintegro total da axuda concedida e dos xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento e ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, no caso de incumprir a obriga indicada no artigo 6.2.b), de comunicar a obtención doutras axudas que sexan incompatibles.

b) O incumprimento das condicións establecidas no artigo 6.2.d), durante os cinco anos seguintes ao último pagamento da axuda, dará lugar ao reintegro da axuda en proporción ao tempo en que tivese lugar ese incumprimento.

4. Para o dito procedemento de reintegro terase en conta o procedemento establecido no capítulo II do título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no capítulo II do título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

Artigo 21. Infraccións e sancións

Sen prexuízo do establecido nos anteriores artigos, ás persoas beneficiarias das axudas reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Publicación dos actos

Serán obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Mar, https://mar.xunta.gal/, as indicacións sucintas do contido dos requirimentos de emendas das solicitudes e as resolucións de desistencia, non admisión, de outorgamento e inclusión na listaxe de reserva, así como de denegación das axudas.

Artigo 23. Publicidade

1. Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei de subvencións de Galicia, as subvencións concedidas con suxeición a esta orde, con indicación do programa e do crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso.

2. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidades a través da paxina web da Consellería do Mar (https://mar.xunta.gal/) a relación de beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

Artigo 24. Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non previsto nesta convocatoria observarase o disposto no Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca; Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ás disposicións comúns dos fondos estruturais e de investimentos europeos; o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e posteriores modificacións; o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e os do seu regulamento de execución, e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; e demais normativa de aplicación.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte e, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, tramitarase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 27. Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente CVE-DOG: mfbcsoj8-3tf1-8cu0-qxd7-10fulqa6z3f2 DOG núm. 11, do martes 16 de xaneiro de 2018, páx. 3262 ISSN1130-9229 depósito legal C. 494-1998 http://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia convocatoria, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude na Intervención Xeral da Administración do Estado, polos medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto polo dito servizo no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, que se pode consultar no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/snca/Documents/ComunicacionSNCA06-04-2017Canaldenuncias.pdf.

Disposición adicional. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Consellería do Mar, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/información-xeral-protección-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflictirá no dito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitar e resolver os seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Co fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora, a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explícita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/protección-datos-persoais

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file