Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 27 de outubro de 2021 Páx. 52772

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Albariño I, situado nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño, provincia de Pontevedra (IN661A 2007/1-4).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Ceólica Hispania, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Albariño I.

Concellos afectados: Baiona, Oia e Tomiño (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 25,28 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6.

Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 88,56 GWh/ano.

Orzamento total (execución material): 21.346.827,79 €.

Localización: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

V1

513.055,489

4.658.784,592

V2

515.874,567

4.658.784,589

V3

517.257,942

4.654.634,528

V4

514.488,222

4.654.634,527

V5

514.243,787

4.655.192,425

V6

514.079,094

4.655.302,717

V7

513.904,671

4.655.294,947

V8

513.875,620

4.655.397,038

V9

513.890,799

4.655.468,290

V10

513.578,715

4.655.392,848

V11

513.612,345

4.655.489,900

V12

513.812,591

4.655.944,173

V13

513.812,591

4.656.033,107

V14

512.998,966

4.657.825,036

V15

513.055,491

4.658.178,174

Coordenadas dos aeroxeradores, do edificio de control, estacións meteorolóxicas e da subestación:

Aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

AG02

513.400,00

4.658.013,00

AG04

513.814,00

4.657.632,00

AG06

514.338,00

4.657.475,00

AG08

514.622,00

4.657.177,00

AG09

515.705,00

4.655.799,00

AG11

515.701,00

4.654.906,00

Edificio de control

UTM-X

UTM-Y

V1

517.124,773

4.655.008,537

V2

517.126,646

4.654.991,333

V3

517.076,370

4.654.985,860

V4

517.074,497

4.655.003,063

Estacións meteorolóxicas

UTM-X

UTM-Y

Torroña_CP1_F

514.194,00

4.657.218,00

Torroña_CP3_T

514.337,00

4.657.474,00

Subestación Barrantes

UTM-X

UTM-Y

V1

517.069,756

4.654.970,273

V2

517.138,350

4.654.977,742

V3

517.144,412

4.654.922,071

V4

517.075,817

4.654.914,602

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 6 aeroxeradores modelo Nordex N149 IECS de 4.500 kW de potencia nominal unitaria, regulados a 4.200 e 4.280 kW, equipados cun transformador elevador 0,66/30 kV no seu interior. Altura de buxa a 125 m e 149,1 m de diámetro de rotor.

Nº de turbinas

Tipo

Potencia total (MW)

5 (nº 4, 6, 8, 9, 11)

Nordex N149/4200 IECS

21,00

1 (nº 2)

Nordex N149/4280 IECS

4,28

Total

25,28

– 2 torres de medición, unha permanente (Torroña_CP1_F) e outra temporal (Torroña_CP3_T), modelo TV95 de 125 m, compostas por 41 tramos triangulares de 3 m de lonxitude e arriostadas mediante 13 capas de ventos acerados, ancorados a 12 soportes no terreo con disposición en estrela de 120º e raios 20, 45, 60 e 80 m respecto a base.

– 2 liñas soterradas a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores, formando un circuíto nº 1 constituído por 2 aeroxeradores A1.1 e A1.2 de lonxitude 8.803,29 m e potencia 8,4 MW, e un segundo circuíto nº 2 composto por 4 aeroxeradores A2.1, A2.2, A2.3 e A2.4 de lonxitude 3.042,97 m e potencia de 16,88 MW. Os condutores de media tensión serán de tipo illado con polietileno reticulado (XLPE) tipo RHZ1 18/30 kV, cables de aluminio de sección 240, 400 e 630 mm2 segundo a norma UNE. Ambos os circuítos conectarán coa subestación Barrantes.

– Subestación transformadora Barrantes onde se elevará a tensión de entrada de 30 kV a unha tensión de saída de 132 kV por medio dun transformador 132/30 kV de 60 MVA. Esta subestación disporá de dous sectores independentes e constará de:

• Un parque de intemperie (lado promotor) cun transformador de potencia de 132/30 kV e posición de transformador 132 kV.

• Un parque de intemperie (lado Unión Fenosa) con posicións de entrada e saída da liña Gondomar-O Rosal 132 kV e barras 132 kV.

Esta subestación conectarase pola súa vez á liña xa existente Gondomar-O Rosal 132 kV mediante unha nova liña aérea:

– Liña aérea a 132 kV de 43,23 m e que estará constituída por dous circuítos trifásicos en que se usará un condutor de aluminio-aceiro segundo a UNE 21018 do tipo 337-AL1/44-ST1A (antigo LA-380). Disporá dun apoio intermedio entre a subestación e a liña existente. Tamén será necesario substituír un dos apoios da liña por outro deseñado para soportar os esforzos xerados pola nova conexión:

Conexión (SET Barrantes)-(LAAT Gondomar-O Rosal 132 kV)

Apoio

UTM-X

UTM-Y

1-Intermedio

517.066,756

4.654.933,124

2-Substitución

517.041,752

4.654.938,179

– Edificio de control situado fronte á subestación Barrantes, de 600 m2, repartida nas seguintes zonas: sala de control telemático do parque, zona de almacenaxe de pezas de recambios, zona de almacenaxe de produtos perigosos, zona de almacenaxe de desperdicios, zona de almacenaxe de EPI e zonas comúns.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de quince (15) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como nas dependencias dos concellos de Baiona, Oia e Tomiño.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de xullo de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o proxecto do parque eólico Albariño I (IN661A 2007/1-4), promovido por Ceólica Hispania, S.L.U. (B84160423), ao abeiro do establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais de Galicia, modificada pola Lei 8/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e apoio á reactivación económica de Galicia, polo que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu o 17 de setembro de 2021 declarar a tramitación de urxencia deste proxecto de acordo co establecido no artigo 44.2 da dita Lei 5/2017 e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos para o procedemento ordinario, salvo a presentación de solicitudes e recursos.

Pontevedra, 22 de setembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico Albariño I
nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño (Pontevedra)

Propietario

Datos catastrais

Afeccións (m2)

Nome

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Pleno dominio

Servidume
de paso

Servidume
de voo

Ocu.
temporal

Prot.
eólica

Zap./plat.

Sub./edif.

Apoio

Vía/gabia

Aero/torre

LAT

Concello de Baiona

1

CMVMC de Bahíña
Repr. Juan Domínguez

54003A04600009

46

9

A Groba

MT

210

2

CMVMC de Belesar
Repr. Pablo Vicente Sánchez Román

54003A06400009

64

9

A Groba

MT

152

278

4.990

878

5.262

10

CMVMC Foral da Groba
Repr. Alejandro Troncoso

54003A07300004

73

4

A Groba

MT

340

2.514

4

CMVMC de Belesar
Repr. Pablo Vicente Sánchez Román

54003A06500003

65

3

A Groba

MT

2.747

7.653

5.051

8.257

5.148

7

54003A07300001

73

1

A Groba

MT

1.122

6.362

6

54003A06500009

65

9

A Groba

MT

134

686

15

CMVMC Burgueira
Repr. Camilo González Giráldez

54003A07400002

74

2

A Groba

MT

354

407

5

CMVMC de Belesar
Repr. Pablo Vicente Sánchez Román

54003A06500001

65

1

A Groba

MM

8.028

18.683

30.575

22.203

26.394

9

CMVMC Foral da Groba
Repr. Alejandro Troncoso

54003A07100006

71

6

A Groba

MT

2.492

7.022

7.077

7.378

Concello de Oia

3

CMVMC Mougás
Repr. Venancio Miniño Rodríguez

36036A00500509

5

509

Chelos

MT/MM

3.661

12.923

11.632

11.469

13.897

8

36036A00500510

5

510

Chelos

MT/MM/EU

2.190

966

13

CMVMC Burgueira
Repr. Camilo González Giráldez

36036A02400886

24

886

Besadiña

MT/MM/EU

303

12

36036A02400889

24

889

A Regateira

MT/MM/EU

986

11

36036A00500511

5

511

Chelos

MT/MM

285

14

36036A02500912

25

912

Salgueiros

MT

2.574

1.586

16

36036A02500910

25

910

Salgueiros

MT/MM

2.237

2.980

18

36036A02500913

25

913

Salgueiros

MT/I

2.675

12.723

3.718

17.204

5.152

17

36036A02500917

25

917

Salgueiros

MT/MM/EU

2.345

19

36036A02500914

25

914

Salgueiros

MT

1.320

17.537

4.657

12.150

6.233

Concello de Tomiño

21

CMVMC Pinzás
Repr. Natividad González

36054A00100037

1

37

Mourentán

MT/MM/EU

909

2.952

6.717

11.949

7.087

20

CMVMC Burgueira
Repr. Camilo González Giráldez

36054A00100036

1

36

Mourentán

MM

2.140

7.073

4.297

8.258

6.216

22

CMVMC Pinzás
Repr. Natividad González

36054A00300482

3

482

Muros

MM/EU

55

23

CMVMC Burgueira
Repr. Camilo González Giráldez

36054A00300476

3

476

Fiales

MM

6.623

91

776

479

4.679

21.631

6.623

91

95.961

78.659

479

119.681

82.977

MT: matogueira; MM: piñeiral madeirable; EU: eucalipto; PD: prados; I: improdutivo.

Datos do dereito mineiro

Afeccións (m2)

Recurso

Sección

Nome

Pleno dominio

Servidume de paso

Servidume de voo

Ocu. temporal

Prot. eólica

Zap./plat.

Sub./edif.

Apoio

Vía/gabia

Aero/torre

LAT

Agua minero natural

B

Aguasana 2

8.055

32.904

18.428

27.964

22.589