A Orde do 31 de decembro de 2020 (DOG número 17, do 27 de xaneiro de 2021), modificada pola Orde do 29 de abril de 2021 (DOG número 90, do 14 de maio), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
Pola Resolución do 10 de xuño de 2021 (DOG número 118, do 23 de xuño), concedéronse as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I da citada resolución.
O artigo 17 da orde de convocatoria establece que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión.
No mesmo artigo tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.
A competencia para adxudicar unha nova axuda correspóndelle á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no caso de novas incorporacións procedentes da lista de espera das universidades do SUG, de acordo co artigo 19.5 da Orde do 31 de decembro de 2020.
En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Universidade,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar as renuncias ás axudas de formación posdoutoral que se indican a seguir:
Nº expediente |
Univ. |
1º Apelido |
2º Apelido |
Nome |
Data de renuncia |
ED481B-2021-039 |
UDC |
Muñoz |
Ibáñez |
Andrea |
Non asinou contrato |
ED481B-2021-014 |
USC |
Ares |
Legaspi |
Adrián |
8.9.2021 |
ED481B-2021-071 |
USC |
Varela |
Rodríguez |
Joel |
31.8.2021 |
ED481B-2021-123 |
UVigo |
Rueda |
Ruzafa |
Lola |
Non asinou contrato |
Segundo. Aceptar as renuncias á lista de agarda que se indican a seguir:
Nº de orde |
Nº expediente |
Univ. |
1º Apelido |
2º Apelido |
Nome |
02 |
ED481B-2021-037 |
USC |
Quiroga |
García |
Gabriela |
03 |
ED481B-2021-109 |
UVigo |
Algarra |
Cajide |
Iago |
04 |
ED481B-2021-146 |
UVigo |
Herrero |
Alonso |
Diego |
05 |
ED481B-2021-073 |
UDC |
Meilán |
Vila |
Andrea |
07 |
ED481B-2021-110 |
UDC |
Paz |
Méndez |
Javier |
09 |
ED481B-2021-116 |
UVigo |
Penín |
Sánchez |
Lucía |
Terceiro. Conceder as axudas correspondentes ás entidades e persoas candidatas da lista de espera das universidades do SUG que se indican no anexo I.
Cuarto. Conceder as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 31 de decembro de 2020 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución.
Quinto. Declarar extinguida a lista de espera.
Sexto. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as universidades beneficiarias segundo as renuncias e as novas adxudicacións:
Univ. |
Nº de axudas |
Crédito (en euros) |
||||
2021 |
2022 |
2023 |
2024 |
Total |
||
UDC |
8 |
116.950,00 |
337.800,00 |
343.300,00 |
157.350,00 |
955.400,00 |
USC |
20 |
386.550,00 |
881.000,00 |
837.000,00 |
312.450,00 |
2.417.000,00 |
UVigo |
12 |
246.100,00 |
536.700,00 |
478.200,00 |
188.100,00 |
1.449.100,00 |
|
40 |
749.600,00 |
1.755.500,00 |
1.658.500,00 |
657.900,00 |
4.821.500,00 |
Sétimo. A data de comezo dos contratos será o 16 de novembro de 2021, cunha duración de tres anos.
Oitavo. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación da axuda á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato.
Noveno. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ANEXO I
Axudas concedidas procedentes da lista de espera
Universidade da Coruña
Nº expediente |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Bolseiro Fulbright |
1ª estadía |
2ª estadía |
3ª estadía |
Nota |
|||
Datas |
Zona |
Datas |
Zona |
Datas |
Zona |
||||||||
ED481B-2021-090 |
UDC |
Terán |
Baamonde |
Javier |
Ciencias |
Non |
1.5.2023 ao 31.10.2023 |
1 |
|
|
83 |
||
ED481B-2021-088 |
UDC |
Rivadulla |
Costa |
Diego |
Artes e Humanidades |
Non |
1.4.2022 ao 30.9.2022 |
1 |
1.3.2023 ao 31.8.2023 |
2 |
1.4.2024 ao 30.9.2024 |
2 |
80 |
Universidade de Santiago de Compostela
Nº expediente |
Entidade |
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
Rama de coñecemento |
Bolseiro Fulbright |
1ª estadía |
2ª estadía |
3ª estadía |
Nota |
|||
Datas |
Zona |
Datas |
Zona |
Datas |
Zona |
||||||||
ED481B-2021-003 |
USC |
Fernández |
Villar |
Zulema |
Ciencias |
Non |
17.1.2022 ao 16.1.2024 |
2 |
81 |
||||
ED481B-2021-027 |
USC |
Arosa |
Lobato |
Yago |
Ciencias |
Non |
1.1.2022 ao 31.12.2023 |
2 |
81 |