Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53195

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Mediante a Resolución do 10 de xuño de 2021 (DOG núm. 122, do 29 de xuño), o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019, acordou publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio, outorgando un prazo para presentar alegacións en relación con estas puntuacións de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución.

Recibidas alegacións ao respecto desas puntuacións, detectouse un erro no proceso automático de lectura e corrección do primeiro exercicio, polo que, para garantir a transparencia e obxectividade do proceso selectivo, o tribunal solicitou á Dirección Xeral de Función Pública a realización dunha nova corrección.

Realizadas as novas correccións, nas sesións do 2 e 23 de setembro de 2021, o tribunal na sesión do 1 de outubro de 2021,

ACORDOU:

Primeiro. Rectificar a resolución deste tribunal do 10 de xuño de 2021 (DOG núm. 122, do 29 de xuño) no referente ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1. da convocatoria pero non superaron o exercicio e ás cales se lles asignou unha puntuación de 0 a 30 puntos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1. da convocatoria.

Segundo. Publicar as puntuacións rectificadas de acordo coas correccións dos exercicios efectuadas nas sesións do 2 e 23 de setembro de 2021, obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1. da convocatoria pero non superaron o exercicio e ás cales se lles asignou unha puntuación de 0 a 30 puntos, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1. da convocatoria.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8. da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.1.2. da convocatoria, as persoas aspirantes que non figuraban que tiñan superado o primeiro exercicio na publicación efectuada coa Resolución do 10 de xuño e que, logo da rectificación desta, resulta que superaron o primeiro exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021

Camilo Ríos Gestal
Presidente do tribunal