Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53194

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro).

En sesión que tivo lugar o 14 de outubro de 2021 o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada pola Resolución do 14 de outubro de 2020 (DOG núm. 212, do 21 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1,

ACORDOU:

Primeiro. Que, examinadas as alegacións presentadas polos/as aspirantes sobre as listaxes de puntuacións publicadas mediante a Resolución do 13 de setembro de 2021 (DOG núm. 183, do 22 de setembro) realizouse unha nova corrección respecto a un aspirante, que ve incrementada a súa puntuación, o que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio, desestimándose na súa totalidade o resto das alegacións presentadas.

Segundo. Publicar a nova puntuación obtida polo aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

Terceiro. De conformidade coa base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2021

Vanessa Cal Ríos
Presidenta do tribunal