Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53192

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 25 de outubro de 2021, da comisión designada para xulgar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, polo persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 170, do 3 de setembro), polo que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización da proba tipo test.

En sesión que tivo lugar o 25 de outubro de 2021, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020, modificada pola Resolución do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 152, do 30 de xullo de 2020, e 145, do 30 de xullo de 2021), para cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.3.6 da convocatoria e nas normas xerais para a realización da proba tipo test dos procesos de funcionarización, que a proba terá lugar o 27 de novembro de 2021, ás 10.00 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (avda. Dr. Ángel Echeverri s/n, Santiago de Compostela).

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou doutro documento fidedigno que, a xuízo da comisión, acredite a súa identidade. Ademais, deberán ir provistas de bolígrafo de cor azul ou negra.

Segundo o establecido na base II.1 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples.

Non se poderá acudir á realización da proba con reproducións da batería de preguntas publicada na páxina web (https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion). Se as persoas aspirantes acudisen á proba con este material ou con outro non autorizado polas bases ou pola comisión, seralles retirado antes ou durante a súa realización. No suposto de que algunha persoa aspirante fixese uso do material descrito durante a realización da proba, a comisión poderá decidir a súa inmediata expulsión.

Será obrigatorio o uso da máscara durante toda a realización da proba, agás cando se trate de persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo seu uso, neste caso deberán achegar á Dirección Xeral da Función Pública a correspondente xustificación no prazo de 5 días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, de non facelo, non se permitirá o acceso sen a máscara.

Non se permitirá o acceso á aula en que se realice a proba con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización dela, nin se habilitará ningún servizo de recollida dos devanditos dispositivos.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente da comisión