Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 29 de outubro de 2021 Páx. 53154

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

En cumprimento do disposto no artigo 10.1 da Orde do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2021 (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 300.000,00 euros, con cargo á aplicación 11.04.324C.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2021.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2021

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo
e Economía Social

ANEXO

Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Aplicación: 11.04.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Ucogatra U. de Coop.

14.800,00

Unión de Cooperativas Espazocoop

100.000,00

Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia-Aesgal

16.000,00

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

99.200,00

Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.

Aplicación: 11.04.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Cegasal-Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro

34.477,61

Aeiga-Asociación de Empresas de Inserción de Galicia

17.238,81

Asociación para la Promoción de Actividades de Integración Sociolaboral en CEE

18.283,58