Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53348

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 148/2021, do 29 de outubro, polo que se nomea directora xeral de Planificación e Orzamentos a Almudena Chacón Pichel.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de outubro de dous mil vinte e un,

Nomeo directora xeral de Planificación e Orzamentos a Almudena Chacón Pichel.

Santiago de Compostela, vinte e nove de outubro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública