Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 2 de novembro de 2021 Páx. 53351

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2021 pola que se publica a adxudicación dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2020/21, convocados pola Orde do 19 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 7 de xuño).

A Orde do 19 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2020/21 establece no seu artigo 14.3 que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo xurado de selección á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen emitirá a correspondente resolución de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez publicadas no portal educativo as puntuacións provisionais e definitivas obtidas polas persoas candidatas, vista a acta coa proposta definitiva do xurado de selección dos premios extraordinarios e por proposta da persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2020/21, ao alumnado que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Esta resolución de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Premios extraordinarios nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2020/21

Modalidade Música.

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Raña Barreiro, Alba

Conservatorio Profesional de Música

de Vigo

Piano

***2138**

1.000 €

Terán Muíño, María Lejuan

Conservatorio Profesional de Música

Xan Viaño

Óboe

***2470**

1.000 €

Troitiño Dono, Belén

Conservatorio Profesional de Música

da Estrada

Clarinete

***5417**

1.000 €

Modalidade Danza.

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

Blanco Carbón, Xián

Conservatorio Profesional de Danza de Lugo

Danza clásica

***8876**

1.000 €

Modalidade Artes Plásticas e Deseño.

Apelidos e nome

Centro educativo

Especialidade

DNI

Contía

López Álvarez, María Esther

Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón

Fotografía

***8089**

1.000 €

Meilán Caramés, Silvia

Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso

Escultura aplicada

ao espectáculo

***5228**

1.000 €