Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53805

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dos postos de supervisión de unidade e supervisión xeral.

Mediante a Resolución do 2 de novembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés (DOG nº 232, do 17 de novembro) convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, de postos de supervisión de unidade e xeral.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Declarar desertos, conforme a base 5.9 da convocatoria, os postos de supervisión de unidade convocados neste procedemento, que constan no anexo I.

Segundo. Adxudicar os postos de supervisión de unidade e supervisión xeral convocados neste procedemento, que constan no anexo I.

Terceiro. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento (artigo 6 da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, que modifica o artigo 30.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde). Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ao/á interesado/a.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 19 de outubro de 2021

José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Apelidos e nome

DNI

Prazas

Denominación

Centro

Deserta

...............

1

Supervisión Unidade Cardioloxía

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Infante Villán, Aránzazu

***0865**

1

Supervisión Unidade Pneumoloxía

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Gago Bravo, María

***8224**

1

Supervisión Unidade Urxencias Hospital Montecelo

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Deserta

...............

1

Supervisión Unidade Urxencias Hospital Provincial

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Deserta

...............

1

Supervisión Unidade Medicina Interna I Hospital Provincial

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Buján Martínez, Mª Dolores

***5983**

1

Supervisión Unidade Medicina Interna II Hospital Provincial

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pita López, Lorenzo

***8038**

1

Supervisión Unidade Quirófanos

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

García Yubero, Germán

***9644**

1

Supervisión xeral

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

(1) Base 5.9 da convocatoria: a convocatoria será declarada deserta cando non concorran aspirantes que reúnan os requisitos exixidos ou por proposta motivada da Comisión de Avaliación, cando ningún dos aspirantes acade 50 puntos na avaliación do proxecto técnico.

(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.