Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53800

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, bombeiro forestal-condutor de motobomba e bombeiro forestal, do corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o día 26 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo), modificada pola Resolución do 8 de setembro de 2021 (DOG núm. 176, do 13 de setembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio do proceso selectivo terá lugar na Feira Internacional de Galicia en Silleda, en chamamento único para cada especialidade, que se distribuirá como se detalla a seguir:

Subgrupo e especialidade

Data do 1º exercicio

Hora de chamamento

C2-Bombeiro forestal condutor de motobomba

27.11.2021

9.30 horas

C2-Emisorista/vixilante fixo/a

27.11.2021

16.30 horas

C2-Bombeiro/a forestal

28.11.2021

9.30 horas

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal