Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53898

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2020 e 2021 (CL2021J).

No Boletín Oficial da provincia nº 207, do 27 de outubro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir varias prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2020 e 2021.

1. Unha praza de arquitecto/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2018).

2. Unha praza de técnico/a de deportes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico/a medio/a, integrada no grupo A2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

3. Unha praza de técnico/a auxiliar documentalista audiovisual, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

4. Dúas prazas de delineante, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integradas no grupo C1, polo sistema de oposición libre (ofertadas no ano 2019).

5. Unha praza de condutor/a operador/a de maquinaria agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de oposición libre (ofertada no ano 2020).

6. Dous postos de traballo de auxiliar de atención ao público do Museo, clasificados no grupo C2, por oposición libre (ofertadas no ano 2021).

7. Un posto de traballo de auxiliar de atención ao público do Museo, clasificados no grupo C2, por oposición libre, reservada a persoas con discapacidade (ofertada no ano 2021).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 27 de outubro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL