Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53897

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á convocatoria de proceso selectivo para a cobertura dunha praza de persoal funcionario incluída na oferta de emprego público do ano 2018 (CE2021J).

No Boletín Oficial da provincia nº 199, do 15 de outubro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas do proceso selectivo convocado para cubrir unha praza de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluído na oferta de emprego público do ano 2018:

– Unha praza de técnico/a de deportes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, integrada no grupo A2.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 27 de outubro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL