Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 3 de novembro de 2021 Páx. 53895

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2020 e 2021, reservadas á quenda de promoción interna (CPI2021J).

No Boletín Oficial da provincia núm. 199, do 15 de outubro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir varias prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2020 e 2021, reservadas á quenda de promoción interna.

1. Dúas prazas de vixilante/a de infraestruturas, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición promoción interna horizontal (ofertadas no ano 2020).

2. Tres prazas de encargado/a legoeiro/a, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición promoción interna (ofertadas no ano 2018).

3. Unha praza de recepcionista de mostras, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición promoción interna horizontal (ofertada no ano 2020).

4. Unha praza de oficial/a de servizos xerais, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, polo sistema de concurso-oposición promoción interna horizontal (ofertada no ano 2020).

5. Catro postos de traballo de axudantes/as de gabinete didáctico, clasificados no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición promoción interna (ofertadas no ano 2021).

6. Dous postos de traballo de técnicos/as auxiliares de biblioteca, clasificados no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición promoción interna (ofertadas no ano 2021).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 27 de outubro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía,
Facenda e ORAL