Ao non ser posible efectuarlle a comunicación ao titular da referencia catastral que se relaciona a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación da xestión da biomasa co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), o interesado no procedemento proceda á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Vilarmaior, situadas na rúa Armada, nº 1, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Referencia catastral |
Titular |
15092A003009710000BW |
Gumersindo Martínez Picallo |
Vilarmaior, 13 de outubro de 2021
Carlos Vázquez Quintián
Alcalde