Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 4 de novembro de 2021 Páx. 54225

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO da convocatoria da praza de técnico medio de xestión de administración xeral, por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo do 4 de outubro de 2021, número 229, publícanse integramente as bases da praza de funcionario técnico medio de xestión de administración xeral, incluída na oferta de emprego do ano 2021, e para prover mediante promoción interna por concurso oposición.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 4 de outubro de 2021

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde