Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se someten a información pública a modificación substancial e a revisión da autorización ambiental integrada de Tratamientos Ecológicos del Noroeste, S.L. (TEN) para a planta de valorización de residuos non perigosos localizada na Corta do Arinteiro en Touro (A Coruña) (expediente 2020-IPPC-M-20).

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm.  51, do 19 de outubro de 2013) faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

«Proxecto de revisión e modificación da autorización ambiental integrada da planta de Tratamientos Ecológicos del Noroeste, S.L.-Touro (A Coruña)».

Para que calquera interesado poida consultalos e, de ser o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-20.

Peticionario: Tratamientos Ecológicos del Noroeste, S.L.

CIF: B15971799.

Razón social: lugar A Mina, s/n; 15822 Touro (A Coruña).

Localización da instalación: lugar A Mina, s/n; 15822 Touro (A Coruña).

Actividade: planta de valorización de residuos non perigosos.

Descrición:

Tratamientos Ecológicos de Noroeste, S.L. desenvolve a súa actividade produtiva na Corta do Arinteiro, no concello de Touro, dedicando a súa actividade á valorización de residuos non perigosos para a elaboración de fertilizantes e solos artificiais.

O día 17.8.2018 publicouse a Decisión de execución (UE) 2018/1147 da Comisión, do 10 de agosto de 2018, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no tratamento de residuos, de conformidade coa Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, polo que a empresa presenta o proxecto para a revisión e adaptación da instalación ás obrigas establecidas.

Xunto coa documentación para a revisión da adaptación ás MTD, a empresa presenta un proxecto para unha modificación substancial da autorización ambiental integrada.