Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 15 de outubro de 2021 de modificación substancial da autorización ambiental integrada outorgada á Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. para a planta de procesado de aceites de orixe animal e graxas de orixe vexetal, situada no concello de Mos (Pontevedra), co número de rexistro AAI: 2014-IPPC-13-280.

De conformidade co disposto no artigo 10.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de procesado de aceites de orixe animal e graxas de orixe vexetal

Procedemento: modificación substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (Afamsa)

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-13-280

Localización: concello de Mos (Pontevedra)

Expediente: 2021-IPPC-M-26

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático