Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54266

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 27 de outubro de 2021, do tribunal designado para de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 7, 15 e 27 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2,

ACORDOU:

Primeiro. Revisadas as alegacións presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo nas sesións dos días 7, 15 e 27 de outubro de 2021, e de conformidade co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, acórdase o seguinte:

• Anular as preguntas 31, 37 e 44.

• En consecuencia, as preguntas anuladas 31 e 37 pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 41 e 42. As restantes preguntas de reserva non serán empregadas no cómputo da cualificación do segundo exercicio do proceso selectivo.

• Desestimar as restantes alegacións e/ou reclamacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de 15 puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio aprobados polo tribunal na sesión do día 21 de setembro de 2021, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o segundo exercicio as persoas aspirantes presentadas que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de novecentos (900), sempre que obtivesen un mínimo de vinte (20) respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes por respostas incorrectas. Todas as persoas aspirantes que obteñan idéntica puntuación á que marque o corte considéranse igualmente aprobadas, aínda que se superase o número de aspirantes antes indicado (900 aspirantes).

Advírtese que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán ningunha puntuación.

Ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada asignaráselles a valoración de quince (15) puntos no exercicio. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os quince (15) e os trinta (30) puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, non prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal