Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 21 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración nun expediente de expropiación no concello do Carballiño (expediente IN407A 2021/6-3 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio, infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMTA ALB803 apoio núm. D-38-23 (expediente IN407A 2021/6-3 AT), no concello do Carballiño, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ourense, 21 de outubro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/6-3 AT.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB803 apoio núm. D-38-23.

Concello: O Carballiño.

Predio

Lugar

Refer. catastral

Incidencia

Data ocupación

1

Contos de Arriba

32020A049004640000RL

Descoñecido

15.10.2021

2

Castiñeiro

32020A049009070000RP

Descoñecido

15.10.2021

3

Castiñeiro

32020A049004100000RD

Descoñecido

15.10.2021