Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio emprázase a persoa interesada que figura no anexo para ser notificada por comparecencia.
Así mesmo, infórmase de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 2º baixo (Servizo de Enerxía e Minas). Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía, todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias poderán facelo previa cita cita obtida no teléfono 982 87 90 88.
O proxecto tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/bretona
Lugo, 22 de outubro de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN408A 2020/107.
Denominación: parque eólico Bretoña.
Concellos de Riotorto e A Pastoriza (Lugo).
Afeccións en m2.
Acto notificado: notificación declaración utilidade pública.
Predio |
Interesada |
Pol. |
Parc. |
Lugar |
Cultivo |
Vial/vial-gabia |
6 |
Fe Muíña Fernández |
2 |
151 |
Carracedo |
Monte alto |
332 |