Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54491

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, sobre o segundo exercicio.

En sesión que tivo lugar o 23 de setembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar este proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade coa base II.1.1.2 da convocatoria, estarán exentas de realizar o segundo exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Segundo. Visto o escrito do Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de setembro de 2021, onde se comunica que todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio acreditaron, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado.

Terceiro. En consecuencia, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio exentas de realizar o segundo exercicio do proceso selectivo.

Cuarto. Procede comunicarlle á Dirección Xeral de Función Pública a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuación acadada e con indicación do seu documento nacional de identidade, e que se indican no anexo deste acordo.

Polo tanto, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria, procede iniciar a fase de concurso, para a valoración dos méritos que aleguen as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso
selectivo para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social,
de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado
pola Orde do 4 de novembro de 2019

NIF

Apelidos e nome

Cualificación 1º

Cualificación 2º

Total

1

***3456**

Castro Besteiro, Marta

51,2

Exento

51,2

2

***6127**

Ocampo López, Cristina

44,6

Exento

44,6

3

***6854**

Silva Vecino, Jonatan da

38,1

Exento

38,1

4

***8909**

Pérez Alborés, María Luz

34,4

Exento

34,4

5

***0124**

Pérez Espinosa, Magdalena

33,8

Exento

33,8

6

***2257**

Fernández Lema, Sabela

32,8

Exento

32,8