Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54493

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 26 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro) e modificado pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 258, do 24 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Visto o escrito do Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de setembro de 2021, onde se comunica que a persoa aspirante que superou o primeiro exercicio acreditou, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado, declárase exenta de realizar o segundo exercicio do proceso selectivo.

Segundo. Comunicarlle á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas e con indicación do seu documento nacional de identidade. Polo tanto, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria, procede iniciar a fase de concurso para valorar os méritos que aleguen as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal

ANEXO

Relación de persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Cualif. 1º

Cualif. 2º

Total

***6680**

Nartallo Penas, Mª Victoria

Libre

38,02

Exenta

38,02