Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54494

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 28 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinaria de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación da persoa aspirante convocada:

NIF

Apelidos e nome

Cualificación do 2º exercicio

***5650**

Samaniego Lalangui, Kenia Andreina

Apta

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación á puntuación no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Felipe García Calvo
Presidente do tribunal