Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 8 de novembro de 2021 Páx. 54400

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 26 de outubro de 2021 pola que se modifica a autorización do centro privado Marcote, de Vigo.

A representación da titularidade do CPR Marcote, de Vigo, solicita a modificación da autorización e a supresión das ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Así mesmo, solicita autorización para impartir as ensinanzas do ciclo formativo de grao medio (CM) Actividades comerciais, CM Sistemas microinformáticos e redes, CM Xestión administrativa, ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e finanzas, CS Asistencia á dirección, CS Automatización e robótica industrial, CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, CS Desenvolvemento de aplicacións web, CS Márketing e publicidade, CS Promoción da igualdade de xénero e CS Transporte e loxística.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e na Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro e suprimir as ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato; autorizar as ensinanzas do CM Actividades comerciais, CM Sistemas microinformáticos e redes, CM Xestión administrativa, CS Administración e finanzas, CS Asistencia á dirección, CS Automatización e robótica industrial, CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, CS Desenvolvemento e aplicacións web, CS Márketing e publicidade, CS Promoción da igualdade de xénero e CS Transporte e loxística. O centro queda configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Marcote.

Código do centro: 36015822.

Domicilio: avenida da Ponte, 80.

Localidade: Vigo.

Código postal: 36318.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Marcote, S.L.

Réxime ordinario, modalidade presencial.

Composición resultante:

• CM Actividades comerciais (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Sistemas microinformáticos e redes (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Xestión administrativa (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Asistencia á dirección (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Automatización e robótica industrial (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Comercio internacional (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Márketing e publicidade (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Promoción da igualdade de xénero (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Transporte e loxística (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos mencionados ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade