A Orde do 25 de maio de 2021 (DOG núm. 104, do 4 de xuño), pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21, establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21 e a correspondente proposta da persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional sobre a concesión destes premios,
DISPOÑO:
Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21 ao alumnado que figura no anexo desta orde.
Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por delegación de competencia establecida na Orde do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro), no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021; DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
ANEXO
Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria
ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21
| Nº inscrición | Apelidos e nome | Cód. centro | Centro educativo | Importe | 
| 2100001717 | Álvarez Rúa, Andrés | 36011221 | CPR Plurilingüe Padre Míguez | 800 € | 
| 2125001547 | Armesto Méndez, Irene | 15015755 | IES Plurilingüe Rosalía de Castro | 800 € | 
| 2149001999 | Carballude González, Héctor | 32009190 | IES As Lagoas | 800 € | 
| 2156001673 | Collarte Hermo, Daniel | 36011798 | IES Alexandre Bóveda | 800 € | 
| 2100001505 | Díez Mariño, Alba | 15032807 | IES do Milladoiro | 800 € | 
| 2195001554 | Dios do Campo, Paula | 32008941 | IES Eduardo Blanco Amor | 800 € | 
| 2145001527 | Fernández Rodríguez, Iago | 32005305 | CPI Plurilingüe Laureano Prieto | 800 € | 
| 2149001798 | Lara Viúdez, Coloma de | 36025037 | CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo | 800 € | 
| 2148001965 | Leal Laíño, Julio | 15015561 | CPR Manuel Peleteiro | 800 € | 
| 2175002034 | López Suárez, Ignacio | 36006729 | IES Valle-Inclán | 800 € | 
| 2136001566 | Moreiras Dacosta, Joaquín | 32008604 | CPR Plurilingüe Santa María | 800 € | 
| 2198002190 | Ogando Graña, Antón | 36011181 | CPR Plurilingüe Mariano | 800 € | 
| 2182001508 | Otero Gómez, Alaitz | 36019396 | IES Francisco Asorey | 800 € | 
| 2176001573 | Pena Vázquez, Xurxo | 15002591 | IES Monte Neme | 800 € | 
| 2130001881 | Pereiro Conde, Manuel | 15008714 | CPI Plurilingüe da Picota | 800 € | 
| 2119001592 | Puente Montes, Lara Shu | 36011142 | CPR Plurilingüe María Auxiliadora | 800 € | 
| 2106001657 | Rey Torres, Inés | 36000247 | CPI de Cova Terreña | 800 € | 
| 2106002006 | Sánchez Presedo, Sergio | 15004009 | CPR Plurilingüe Calasancias | 800 € | 
| 2100001574 | Santana da Silva, Aman | 27006531 | IES Lucus Augusti | 800 € | 
| 2140001745 | Suárez Cordero, Xabier | 36000922 | IES María Soliño | 800 € | 

 
					
