Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54784

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2021 pola que se adxudican as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, convocadas pola Resolución do 25 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 9 de xuño).

Pola Resolución da Axencia Galega de Innovación do 25 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 108, do 9 de xuño) convocáronse as subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia.

No seu artigo 12 regúlanse a resolución e notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración avalíe as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no seu artigo 10.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 27 de outubro de 2021 pola Comisión de Valoración establecida no artigo 9 das bases da Resolución do 25 de maio de 2021, a Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

1. Conceder as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia que a continuación se relacionan, polos importes que se indican:

Expediente administrativo

Entidade beneficiaria

Acrónimo

NIF

Importe axuda 2021

Importe axuda 2022

Total axuda (€)

IN845A-1

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste-Centro tecnolóxico AIMEN

AIMEN

G36606291

642.914,89

495.962,94

1.138.877,83

IN845A-2

Fundación Centro Gallego de Investigaciones del Agua

CETAQUA

G70312020

152.887,86

117.942,05

270.829,91

IN845A-3

Fundación para la promoción de la Inn., Inv. y Des. Tec. en la industria de automoción de Galicia

CTAG

G36871424

631.723,88

487.329,85

1.119.053,73

IN845A-4

Cluster da acuicultura

CETGA

G36884260

187.023,68

144.275,41

331.299,09

IN845A-5

Asoc. Nac. Ftes. conservas pescados y mariscos-Centro técnico Nac. conservación productos pesca

ANFACO-CECOPESCA

G36625309

425.783,20

328.461,33

754.244,53

IN845A-6

Fundación Centro Tecnológico de Investigación Multisectorial

CETIM

G70302427

361.976,75

279.239,20

641.215,95

IN845A-7

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sostibilidade Enerxética

ENERGYLAB

G27719913

255.685,15

197.242,83

452.927,98

IN845A-8

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia

ITG

G15305923

272.342,27

210.092,61

482.434,88

IN845A-9

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia

GRADIANT

G36997229

569.662,32

439.453,78

1.009.116,10

2. O importe total das axudas concedidas para un marco temporal de 2 anos finánciase con cargo á aplicación orzamentaria que se recolle no seguinte cadro:

Aplicación orzamentaria

2021

2022

Importe total

06.A2.561A.781.0

3.500.000,00

2.700.000,00

6.200.000,00

3. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 19 da resolución de convocatoria nos prazos establecidos no artigo 20 da mesma.

4. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación