Mediante Resolución da Axencia Galega de Innovación do 1 de marzo de 2021 (DOG núm. 50, do 15 de marzo) convocáronse as axudas para o fomento da contratación de persoal tecnólogo para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia.
No seu artigo 18 regúlase a resolución e a notificación destas axudas unha vez que a Comisión de Valoración establecida no artigo 15 seleccione as solicitudes admitidas e emita un informe no cal se concrete o resultado da avaliación efectuada e a contía da axuda proposta, conforme os criterios establecidos no artigo 16.
A Comisión de Valoración, na súa sesión do 2 de xullo de 2021, informou favorablemente a elaboración dunha listaxe de agarda para as entidades cos restantes contratos solicitados segundo a orde establecida na convocatoria, de xeito que en primeiro lugar figuren por orde decrecente de puntuación os contratos solicitados que aínda non foron seleccionadas para acceder ao financiamento e, en segundo lugar, os restantes contratos solicitados por aquelas entidades que teñan pedido máis dunha contratación, tendo en conta que a convocatoria non establece unha puntuación mínima para ser beneficiaria destas axudas.
De acordo con isto, tendo en conta as renuncias recibidas e resoltas ata esta data, esta Axencia Galega de Innovación
RESOLVE:
1. Conceder as axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia que figuran como anexo I a esta resolución (agrupadas por aplicación e ordenadas por puntuación descendente).
2. Novas adxudicacións:
Aplicación orzamentaria |
Ano 2021 (€) |
06.A2.561A.470.0 |
53.000 |
Total |
53.000 |
3. Estas axudas están financiadas con cargo a fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia.
4. O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 24 da resolución de convocatoria.
5. Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no dito artigo 24 da resolución de convocatoria no prazo establecido no seu punto 1.
6. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2021
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO I
Relación de solicitudes concedidas
(agrupadas por aplicación e ordenadas por puntuación descendente)
Nº expediente |
Entidade solicitante |
NIF |
Trab. nº |
Total punt. |
Nº CT |
Total axuda (€) |
Aplicación orzamentaria |
126_IN848C_2021/872063 |
Sinapse Neurología, S.L. |
B70362876 |
1 |
22 (1º contrato) |
1 |
11.000,00 € |
06.A2.561A.470.0 |
133_IN848C_2021/872773 |
Activiza Projects and Training, S.L. |
B94089216 |
1 |
22 (1º contrato) |
1 |
11.000,00 € |
06.A2.561A.470.0 |
086_IN848C_2021/859296 |
Tema Ingeniería, S.L. |
B87163572 |
1 |
21 (1º contrato) |
1 |
10.000,00 € |
06.A2.561A.470.0 |
056_IN848C_2021/847934 |
Torus Software Solutions, S.L. |
B70368907 |
1 |
21 (1º contrato) |
1 |
10.000,00 € |
06.A2.561A.470.0 |
127_IN848C_2021/872102 |
Himikode Tech, S.L. |
B27504208 |
1 |
21 (1º contrato) |
1 |
11.000,00 € |
06.A2.561A.470.0 |
Total: 09.A3.561A.470.0 |
53.000,00 € |