Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54849

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

BDNS (Identif.): 593376.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3 da convocatoria, en concreto, os seguintes:

1. De conformidade co disposto no artigo 11 das bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas, que terán a cualificación de beneficiarios para os efectos desta convocatoria, son os seguintes:

a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

b) As entidades locais e o sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, este último sempre que non realice ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

c) As persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, incluíndo as entidades ou organizacións do terceiro sector, entendendo como entidades ou organizacións do terceiro sector as entidades ou organizacións privadas sen ánimo de lucro que non realicen ningunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

d) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, en cuxo caso deberán estar dados de alta no Censo de Empresarios, Profesionais e Retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

e) As comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

f) As comunidades de enerxías renovables e as comunidades cidadás de enerxía, segundo a definición da Directiva 2018/2001, do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018, relativa ao fomento do uso de enerxía procedente de fontes renovables, e da Directiva 2019/944, do Parlamento Europeo e do Consello, do 5 de xuño de 2019, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade e pola que se modifica a Directiva 2012/27/UE, respectivamente, así como do artigo 4 do Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica, cando non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

Segundo. Finalidade

A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023 para a concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

Pola presente convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Programa de incentivos 4: realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable no sector residencial, administración pública e no terceiro sector, con ou sen almacenamento.

Programa de incentivos 5: incorporación de almacenamento en instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxía renovable, xa existentes no sector residencial, administración pública e no terceiro sector.

Tamén se consideran actuacións subvencionables, dentro dos anteriores programas de incentivos, as instalacións illadas da rede non reguladas no Real decreto 244/2019, do 5 de abril, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas do autoconsumo de enerxía eléctrica, realizadas nos sectores de aplicación de cada un deles.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

Cuarto. Importe

1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiaranse con fondos europeos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 11.499.677,00 euros.

Importe 2021 (€)

Importe 2022 (€)

Importe 2023 (€)

Importe 2024 (€)

Total (€)

910.305,00

5.930.463,00

4.193.018,10

465.890,90

11.499.677,00

O orzamento por partida e anualidade redistribuírase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 06.A3.733A.713.0, 06.A3.733A.760.8, 06.A3.733A.770.7, 06.A3.733A.780.5 e 06.A3.733A.781.7.

As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiaranse con fondos europeos procedentes do mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 11.499.677,00 euros.

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de programa e compoñente será o seguinte:

Estrutura por programa

Programa de actuación

Compoñente

Programa de incentivos 4

Autoconsumo

Compoñente 7

10.413.342,00

Compoñente 8

802.251,00

Programa de incentivos 5

Almacenamento

Compoñente 8

284.084,00

Estrutura por tipo de beneficiario dentro do programa 4

Tipoloxía de beneficiario

Orzamento total

Compoñente

Orzamento por compoñente

Orzamento total

Programa de incentivos 4

Persoas físicas e comunidades segundo o establecido nos artigos 11.7.a) e e) do Real decreto 477/2021

7.500.000,00

Compoñente 7

6.963.525,25

11.215.593,00

Compoñente 8

536.474,75

Autónomos e terceiro sector segundo o establecido nos artigos 11.7.c), d) e f)

1.000.000,00

Compoñente 7

928.470,03

Compoñente 8

71.529,97

Administración pública segundo o establecido no artigo 17.b)

2.715.593,00

Compoñente 7

2.521.346,72

Compoñente 8

194.246,28

3. A concesión das axudas estará supeditada ao efectivo financiamento por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco dos programas de incentivos vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e terceiro sector.

Quinto. Contía da axuda

Os custos subvencionables máximos, custos de referencia e contía das axudas para cada unha das actuacións veñen establecidos no anexo III do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, publicado no BOE núm. 155, do 30 de xuño, polo que se regula o programa de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento con fondos de enerxías renovables.

En ningún caso poderán superarse os límites de intensidade de axuda establecidos no artigo 41 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes de adhesión –IN422J– e de solicitudes de axuda –IN422K–

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia dos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxías renovables en Galicia, o cal sucederá, segundo o recollido no artigo 4 do Real decreto 477/2021, do 31 de decembro de 2023.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 9.00 horas do día 13 de decembro de 2021 e rematará o 31 de decembro de 2023.

Sétimo. Prazos de execución e xustificación das actuación

O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.

Este prazo poderase ampliar de conformidade co previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia