Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54854

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

As axudas desta convocatoria teñen como obxectivo o desenvolvemento de enerxías renovables, concretamente o desenvolvemento de enerxías renovables térmicas no sector residencial. Esta convocatoria ten o seu encaixe no Programa de incentivos vencellados a instalación de enerxías renovables térmicas no sector residencial, aprobado polo Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, co obxecto de establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, no marco dos obxectivos perseguidos polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia e polo Plan nacional integrado de enerxía e clima (PNIEC) 2021-2030. Concretamente, estas axudas encaixan no Programa 6 deste real decreto.

A incorporación de enerxía renovable no sector residencial suporá unha contribución significativa para alcanzar os obxectivos das enerxías renovables. Desta forma contribúese a cumprir os obxectivos fixados na Directiva (UE) 2018/2001 e no PNIEC e tamén a poñer en práctica a Estratexia de descarbonización a longo prazo para mobilizar investimentos na implantación de tecnoloxías limpas, baseadas en fontes renovables.

Por iso, o Inega desenvolve este sistema de subvencións co obxectivo de fomentar a utilización de fontes de enerxía renovables térmicas, dado que estas iniciativas están aliñadas con diferentes programas que desenvolve a Xunta de Galicia, xa que se considera fundamental o desenvolvemento de enerxías renovables térmicas no sector residencial.

O Real decreto 477/2021 establece no seu artigo 5 que serán beneficiarias directas das axudas previstas neste programa as comunidades autónomas e as cidades de Ceuta e Melilla, que deberán destinar o importe das axudas aos suxeitos que se enumeran no artigo 11.8 deste, que son os destinatarios últimos das axudas, sen prexuízo dos investimentos directos que se poidan levar a cabo.

A entidade responsable da execución destes programas de incentivos de autoconsumo, almacenamento e usos térmicos de enerxías renovables, na Comunidade Autónoma de Galicia, será a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega).

O Inega constitúese en axencia mediante o Decreto 142/2016, do 22 de setembro, e mantén a súa adscrición a consellería competente en materia de enerxía, conforme o establecido na Lei 3/1999, do 11 de marzo, de creación do Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 61, do 30 de marzo).

Entre os obxectivos básicos do Inega están o impulso das iniciativas e programas de aplicación das tecnoloxías enerxéticas, incluídas as renovables, a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, o fomento do uso racional da enerxía e, en xeral, a óptima xestión dos recursos enerxéticos nos distintos sectores económicos de Galicia.

A teor do disposto no artigo 8 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, a axencia ten as seguintes funcións:

a) Elaborar e propoñer á consellería competente en materia de enerxía plans e programas en materia enerxética.

b) Promover e, se for o caso, executar os plans e programas indicados, aprobados pola consellería competente en materia de enerxía.

c) Propoñer a elaboración de disposicións para o establecemento, desenvolvemento e xestión de políticas enerxéticas.

d) Elaborar programas de racionalización do uso de enerxía e promover o aproveitamento dos recursos enerxéticos.

Para financiar esta convocatoria de axudas, o Inega dispón nos seus orzamentos de 5.681.671,00 €, procedentes dos programas de incentivos de autoconsumo, almacenamento e usos térmicos de enerxías renovables, promovidos polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, actuacións financiables co Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

O Programa de incentivos 6 está dirixido principalmente aos destinatarios últimos que non realicen actividade económica, aínda que se inclúen entre os potenciais beneficiarios as persoas físicas que realicen algunha actividade económica pola que se ofrecen bens ou servizos no mercado (autónomos), caso en que estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

As bases reguladoras dos programas de incentivos establecen que a coordinación e seguimento serán realizados polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE).

O Inega considera conveniente atribuír a colaboración, no seguimento da xestión das axudas relativas ao Programa de incentivos 6 ás entidades colaboradoras que reúnan os requisitos establecidos no artigo 6.1 desta convocatoria, cando o solicitante sexa unha persoa física que non realice actividade económica ou unha comunidade de propietarios.

A presente resolución, que aproba a convocatoria para os anos 2021-2023 do procedemento de concesión de axudas ao desenvolvemento de enerxías renovables, dítase conforme o disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 3 das bases reguladoras.

En virtude de todo o anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023 para o Programa 6 de incentivos vencellados á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 477/2021 publicado no BOE núm. 155, do 30 de xuño de 2021 (código de procedemento: IN422M, presentación de solicitudes), así como o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento: IN422L, adhesión de entidades colaboradoras que participarán na xestión).

2. Serán subvencionables os proxectos executados con posterioridade á publicación das bases reguladoras destas axudas no BOE núm. 155, do 30 de xuño de 2021; tanto as facturas como os xustificantes de pagamento deberán levar data posterior á da súa publicación.

3. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

4. Os requisitos das actuacións subvencionadas serán os establecidos no artigo 13 e no anexo I.1 das bases reguladoras, no relativo ao Programa 6.

Artigo 2. Réxime de concesión e normativa aplicable

1. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de axuda presentadas en prazo e cos requisitos establecidos nas bases reguladoras e nesta resolución de convocatoria resolveranse por orde de entrada no rexistro da solicitude e ata o esgotamento do crédito, do que se fará publicidade na aplicación informática que se utiliza na xestión das axudas.

2. As axudas obxecto desta convocatoria estarán sometidas ao disposto no Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, polo que se regula o Programa de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxía renovable, así como a implantación de sistemas térmicos renovables e onde se establecen as bases reguladoras destas axudas (en diante, bases reguladoras).

Ademais, será de aplicación a seguinte normativa:

a) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006.

b) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

c) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

d) Lei 4/2019, do 17 de xuño, de administración dixital de Galicia.

3. Cando os destinatarios últimos destas axudas sexan persoas físicas que realicen algunha actividade económica (autónomos), pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, estarán sometidos aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Artigo 3. Beneficiarios

1. De conformidade co disposto no artigo 11 das bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas, que terán a cualificación de beneficiarios para os efectos desta convocatoria, son os seguintes:

a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

b) Entidades ou organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, que acrediten a posta á disposición de colectivos vulnerables de vivendas sociais, sen que tal actividade, no caso de xerar algún rendemento económico, se poida considerar actividade económica para os efectos da aplicación da normativa europea de axudas de Estado, sen prexuízo da aplicación do resto de disposicións tanto de dereito nacional como da Unión Europea, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo de recuperación e resiliencia como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, caso en que deberán estar dados de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e as axudas que perciban estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

d) Comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

e) As entidades locais e do sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, cando se poida excluír a existencia de axuda de estado. Considerarase que se pode excluír a existencia de axuda de Estado cando estas non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, estean considerados servizos de interese económico xeral, ou cando as medidas carezan de impacto sobre o comercio entre Estados membros ao ter un impacto puramente local. Nestes casos, só poderán recibir axudas destinadas á realización de instalacións de xeración de enerxía térmica con fontes renovables en vivendas que sexan de propiedade pública. A dita propiedade pública deberá manterse inalterada durante, polo menos, cinco anos desde a resolución de concesión de axuda correspondente.

2. Non serán beneficiarios destas axudas aqueles en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Financiamento e contía máxima das axudas que se outorgarán coa convocatoria

1. As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiaranse con fondos europeos procedentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 5.681.671,00 euros.

Importe 2021 (€)

Importe 2022 (€)

Importe 2023 (€)

Importe 2024 (€)

Total

413.775,00

2.922.938,00

2.110.462,20

234.495,80

5.681.671,00

2. O orzamento por partida e anualidade redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia entre as seguintes partidas: 06.A3.733A.714.2, 06.A3.733A.760.5, 06.A3.733A.760.9, 06.03.733A.770.5, 06.03.733A.770.6, 06.A3.733A.780.1, 06.A3.733A.780.2, 06.A3.733A.780.3, 06.A3.733A.781.1 e 06.A3.733A.781.6.

3. O crédito máximo segundo a tipoloxía de enerxía renovable será o seguinte:

Tecnoloxía renovable térmica

Orzamento

Biomasa

100.000,00

Xeotermia e hidrotermia

2.400.000,00

Aerotermia

3.100.000,00

Solar térmica

81.671,00

Non obstante, poderán ser redistribuídos os orzamentos entre as distintas tecnoloxías renovables pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes.

Durante os dous meses seguintes á finalización da vixencia da convocatoria, poderá redistribuírse o orzamento nos termos recollidos no artigo 10.12 das bases reguladoras, polo que poderán tamén incorporarse, se é o caso, os remanentes correspondentes ao orzamento que non se puidesen destinar ao financiamento de investimentos directos pola Comunidade Autónoma.

4. O importe dos fondos previstos entenderase máximo, ben que cabería a posibilidade de ampliar o crédito como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda. Isto podería dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación das solicitudes que resulte da aplicación dos criterios fixados nas bases que rexen a convocatoria.

De producirse a ampliación de crédito publicarase no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.gal).

5. A concesión das axudas estará supeditada ao efectivo financiamento por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco do Programa de incentivos vencellados á instalación de renovables térmicas no sector residencial.

6. Os custos subvencionables máximos, custos de referencia e contía das axudas para cada unha das actuacións veñen establecidos no anexo III do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, polo que regula o Programa de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento con fondos de enerxías renovables, así como á implantación de sistemas térmicos renovables, publicado no BOE núm. 155, do 30 de xuño de 2021.

7. Os custos elixibles relaciónanse no anexo I.2 do devandito Real decreto 477/2021, do 29 de xuño.

Artigo 5. Forma de presentación das solicitudes

A solicitude presentaraa directamente o solicitante, salvo cando este sexa unha persoa física que non realice actividade económica ou unha comunidade de propietarios, que o fará a través dunha entidade colaboradora.

Artigo 6. Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión do Programa de incentivos 6 (código de procedemento IN422L)

1. Requisitos, condicións e solvencia.

a) Poderán ser entidades colaboradoras:

1. Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os dous casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

2. Será necesario que as entidades colaboradoras sexan persoas físicas ou xurídicas que presentasen unha declaración responsable como empresa de instalacións térmicas en edificios e que figuren inscritas no Rexistro Integrado Industrial do ministerio competente en materia de enerxía.

b) As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta e sen que isto implique a entrega e distribución dos fondos públicos ás persoas beneficiarias, que recibirán o importe da axuda directamente do Inega.

c) Na súa relación co Inega, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:

1ª. Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.

2ª. Desenvolvemento das accións vinculadas á convocatoria.

3ª. Xustificación da axuda ante o Inega.

d) Para lograr a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos que garantan o acceso á aplicación informática habilitada para a xestión de selección de entidades colaboradoras e para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións entre as entidades colaboradoras e o Inega. As características técnicas exixibles poderán consultarse na paxina web do Inega (www.inega.gal).

e) Poderán adquirir a condición de entidade colaboradora aquelas entidades que reúnan os requisitos establecidos neste artigo e que o soliciten no prazo que se indica no número 3 deste artigo.

f) De conformidade coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades colaboradoras deberán formalizar o convenio de colaboración entre elas e o Inega, no cal se regularán as condicións e obrigas asumidas por aquelas, cuxo modelo figura no anexo II desta convocatoria. O dito convenio posuirá o contido mínimo previsto no artigo 13 da Lei de subvencións.

g) Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Formularios.

Apróbanse e incorpóranse o seguinte formulario e modelo de convenio de colaboración como anexos á presente convocatoria:

– Anexo I. Solicitude de adhesión de entidades colaboradoras.

– Anexo II. Convenio de colaboración que se subscribirá coas entidades colaboradoras.

3. Prazo para presentar as solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia dos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxías renovables en Galicia, o cal sucederá, segundo o recollido no artigo 4 do Real decreto 266/2021, o 31 de decembro de 2023.

Para solicitar a súa adhesión terán que cubrir e presentar o formulario de adhesión (anexo I).

4. Obrigas e compromisos das entidades colaboradoras.

a) Son obrigas das entidades colaboradoras, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

1º. Atoparse ao día no pagamento das obrigas coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

2º. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

3º. Cumprir cos criterios establecidos no convenio subscrito co Inega.

4º. Actuar en nome e por conta do Inega para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión das subvencións sen que se produza a entrega e distribución previa dos fondos recibidos.

5º. De acordo co establecido no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, conservar a documentación xustificativa durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta do dito pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

6º. Remitir copia dixitalizada da dita documentación ao Inega.

7º. Deixar clara constancia nos seus rexistros contables e así facilitar a axeitada xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas, de acordo co disposto no artigo 13.2.j) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As entidades colaboradoras adheridas asumirán os seguintes compromisos:

1º. Cubrir convenientemente os formularios de solicitude de axuda (anexo III) a través da aplicación informática que se habilite para o efecto.

2º. Vender, xestionar ou instalar no marco da iniciativa só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas na convocatoria de axudas.

3º. Cumprir coa normativa establecida para o desenvolvemento do convocatoria, en concreto no caso de que proceda a autorización ou inscrición da instalación no rexistro correspondente da consellería competente en materia de industria.

4º. Exhibir, nos seus centros de traballo ou punto de vendas durante a vixencia do Programa de incentivos vencellados a instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, un cartel de promoción deste no cal se informe de que se trata dunha entidade colaboradora adherida conforme o modelo que se porá a disposición na páxina web do Inega.

5º. Facilitarlle ao Inega canta información e documentación precise para verificar a correcta aplicación das subvencións.

6º. Comunicar calquera variación que poida acontecer nos datos recollidos nos documentos achegados.

5. Adhesión das entidades colaboradoras.

a) A primeira vez que a entidade colaboradora acceda á aplicación asignarase un usuario e un contrasinal. Este usuario e contrasinal serán os válidos para consultar o estado da solicitude de adhesión, para cubrir as solicitudes de axuda e para ver o seu estado.

b) A entidade colaboradora deberá acceder á aplicación informática dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal) ou accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) para cubrir a solicitude de adhesión (anexo I) e o convenio de colaboración (anexo II), a continuación, xerarase un documento en formato pdf con estes dous anexos, o segundo por duplicado.

Unha vez xerada a solicitude normalizada (anexo I), deberá presentala por vía electrónica de conformidade co establecido nestas bases. As copias dos documentos dixitalizados gozarán da mesma validez e eficacia que os orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

A publicación dos formularios de solicitude no DOG farase unicamente para os efectos informativos.

c) As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

1º. Documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.

2º. Convenio de colaboración debidamente asinado pola entidade colaboradora (anexo II).

Unha vez asinado polo Inega, a entidade colaboradora poderá acceder ao citado convenio no taboleiro.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

d) A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se a entidade interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos (10 MB) ou teña un formato non admitido, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

e) Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

1º. NIF da entidade solicitante.

2º. DNI/NIE da persoa solicitante.

3º. DNI/NIE da persoa representante.

4º. Certificado de estar ao día no pagamento coa AEAT.

5º. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

6º. Certificado de estar ao día no pagamento coa Facenda autonómica.

7º. Certificación de alta no Imposto de actividades económicas, cando a entidade colaboradora sexa unha empresa.

2. No caso de que a persoa interesada se opoña a esa consulta deberá indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

f) Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

6. Órganos competentes.

A Xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de adhesión das entidades colaboradoras, e corresponderá á directora do Inega ditar as diferentes resolucións que deriven do dito procedemento.

7. Instrución do procedemento de adhesión.

a) Unha vez presentada a solicitude de adhesión xunto coa documentación complementaria, o órgano instrutor comprobará que reúne todos os requisitos e que se achegan todos os documentos exixidos polas bases reguladoras. De conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, requirirase a entidade colaboradora para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa petición e arquivarase o expediente.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), consellería competente en materia de economía e facenda, rexistro mercantil e outros rexistros públicos.

b) De conformidade co establecido no artigo 5.1.d) desta convocatoria en canto á solvencia técnica das entidades colaboradoras, utilizaranse medios electrónicos para as notificacións.

8. Resolución.

O prazo máximo para que a directora do Inega resolva sobre as adhesións das entidades colaboradoras é de 20 días hábiles desde a presentación da solicitude. Pasado o devandito prazo, as entidades colaboradoras poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. A resolución ditarase individualmente para cada unha das solicitudes, e notificarase seguindo estritamente a súa orde de presentación, salvo que se deba emendar, momento en que se terá en conta a data de presentación da emenda.

Aqueles expedientes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán adheridos a este programa.

9. Publicación da listaxe de entidades colaboradoras adheridas.

O Inega publicará na súa páxina web a listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas para tramitar o Programa de incentivos 6, a medida que resolva o proceso de adhesión.

Artigo 7. Forma e prazo de presentación das solicitudes (código de procedemento IN422M)

1. As solicitudes subscribiranas directamente as entidades colaboradoras, se se tramita a axuda a través destas, ou directamente os interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito, nos casos en que se permita a presentación directa de solicitudes. Unha vez presentada unha solicitude non se poderá modificar o proxecto ata que se dite resolución de concesión.

2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará, segundo a tipoloxía do proxecto, nas seguintes datas:

− Xeotermia e hidrotermia: o 15 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.

− Aerotermia: o 16 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.

− Biomasa e solar térmica: o 17 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 31 de decembro de 2023; ao ser inhábil prorrógase ata o 2 de xaneiro do 2024 para todas as tipoloxías de proxectos.

3. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes, será necesario o NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas ou, se é o caso, polas entidades colaboradoras.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria e xerará a solicitude do beneficiario por duplicado.

4. A solicitude (anexo III) imprímese obrigatoriamente desde a aplicación informática.

O solicitante ou a entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo solicitante ou representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo III.

5. Para poder presentar unha solicitude debe ter o seguinte contido mínimo:

a) Solicitude de axuda, anexo III.

b) Autorización para a representación, anexo IV, en caso de ser necesario.

c) Presentación dunha oferta dun provedor cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona sexa inferior a 15.000 € e cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 € achegaranse tres ofertas de diferentes provedores.

No caso de destinatarios últimos suxeitos a normativa de contratación pública, esta documentación poderá substituírse polo borrador dos pregos de licitación correspondentes.

 6. Os fondos solicitados e os validados poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará a contía de axuda correspondente ao expediente dos fondos dispoñibles.

De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles, as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera; no momento da presentación, a aplicación informática informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de espera.

As inadmisións, desistencias, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados liberarán fondos que poderán ser reasignados aos expedientes que se atopen en listaxe de espera segundo a orde de prelación que lles corresponda.

7. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Articulo 8. Documentación complementaria (código de procedemento IN422M)

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Oferta do provedor da actuación que se pretende levar a cabo.

Unha oferta dun provedor cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona sexa inferior a 15.000 € e tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación supoña un gasto para o beneficiario igual ou superior a 15.000 € (salvo no caso de entidades xurídicas públicas).

No caso de destinatarios últimos suxeitos a normativa de contratación pública, esta documentación poderá substituírse polo borrador dos pregos de licitación correspondente.

A elección dunha das ofertas fundamentarase sempre en criterios de aforro. Ademais, será necesario achegar como xustificación unha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa, que terá que incluír unha comparación das especificacións técnicas dos elementos ofertados e o motivo da elección.

Non será necesario presentar as 3 ofertas se, polas especiais características dos gastos que se subvencionan, non existe no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten, debendo o beneficiario neste suposto prestar declaración expresa motivada en tal sentido.

As ofertas deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, enderezo e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando se inclúe ou non IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados.

No caso de destinatarios últimos suxeitos a normativa de contratación pública, esta documentación poderá substituírse polo borrador dos pregos de licitación correspondentes.

b) As persoas físicas, xunto coa solicitude presentarán a documentación prevista na alínea a) deste artigo e documento que acredite a representación, segundo o modelo anexo IV, no caso de ser necesario.

c) Entidades ou organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica, ademais da documentación sinalada na alínea a) deste artigo, deberán achegar:

1º. Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.

2º. Documento que acredite a súa constitución, se procede.

3º. Declaración responsable sobre a posta á disposición de colectivos vulnerables de vivendas sociais, sen que xere algún rendemento económico, que se poida considerar actividade económica para os efectos da aplicación da normativa europea de axudas de Estado.

d) Cando se trate dunha comunidade de propietarios, ademais da documentación sinalada na alínea a) deste artigo, deberán achegar:

1º. Documento que acredite a representación con que se actúa.

2º. Documento que acredite a súa constitución.

3º. Acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios, aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención. Deberán constar os compromisos asumidos por cada membro, así como o importe da subvención que se vaia aplicar a cada un deles.

e) As entidades locais e do sector público institucional de calquera Administración publica, ademais da documentación sinalada na alínea a) deste artigo, deberán achegar:

1º. Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante.

2º. Declaración responsable onde se acredite:

i. A súa adscrición, especificando se se refire á Administración xeral do Estado, á Comunidade Autónoma de Galicia ou a unha entidade local.

ii. Que non se desenvolve ningunha actividade comercial ou mercantil.

iii. Que se vai a destinar a axuda á realización de instalacións de xeración de enerxía térmica con fontes renovables en vivendas que sexan de propiedade pública e que se vai manter a titularidade pública inalterada, polo menos, cinco anos desde a resolución de concesión da axuda correspondente.

3º. Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nestas bases, se procede.

4º. No caso da Administración local, certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas do último exercicio orzamentario, a que legalmente está obrigada, ao Consello de Contas. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

f) A documentación de carácter técnico que terá que achegarase será unha memoria técnica descritiva da actuación que se vai acometer segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal) para cada tipoloxía de proxecto. Adicionalmente, achegarase a información indicada no anexo AII.A3 das bases reguladoras, incluíndo:

i. Proxecto ou memoria técnica onde se describan adecuadamente as actuacións que se van realizar e a situación de partida subscrita polo técnico competente ou empresa instaladora segundo proceda, para as actuacións de xeotermia, hidrotermia e aerotermia. Para as actuacións de biomasa, excepto a tipoloxía de biomasa aparellos de calefacción local, indicarase tamén a tecnoloxía, a marca e o modelo da caldeira que se vai instalar.

ii. Para proxectos de biomasa achegarase tamén a seguinte documentación adicional obrigatoria:

– Memoria asinada por un técnico competente independente que xustifique que para o dito combustible a redución de GEI é igual ou superior ao 80 %, no caso de que algún dos combustibles que se empregue non apareza no anexo VI da Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2018.

– Acreditación por parte do fabricante do equipamento do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vaia utilizar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no Regulamento de ecodeseño en vigor (segundo corresponda, Regulamento (UE) 2015/1185 da Comisión ou Regulamento (UE) 2015/1189 da Comisión), no caso de aparellos de calefacción local ou caldeiras de menos de 1 MW.

Esta memoria técnica incluirá a información relacionada no anexo AII.A3 das bases reguladoras, incluíndo para instalacións de máis de 100 kW a información requirida no anexo AII A1e (plan estratéxico en que indique a orixe e lugar de fabricación dos compoñentes, xustificación do principio de non causar dano significativo, acreditación do cumprimento de valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición xerados pola obra civil).

g) Calquera outra documentación adicional que o interesado considere conveniente para a correcta avaliación do proxecto.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentación separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos (10 MB) ou teña un formato non admitido, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

5. Os interesados poderán consultar na aplicación informática e na Carpeta cidadá, a miña sede, accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) o estado das súas solicitudes a medida que avanza a tramitación administrativa do expediente e a documentación presentada.

Artigo 9. Comprobación dos datos (código de procedemento IN422M)

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, a Seguridade Social e a Facenda da Xunta de Galicia.

b) Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores ou certificado de situación censual, expedido por la Axencia Estatal da Administración Tributaria, cando se trate de profesionais autónomos.

c) DNI/NIE da persoa solicitante.

d) NIF da entidade solicitante.

e) Consulta dos administradores da sociedade.

f) NIF da entidade representante.

g) DNI/NIE da persoa representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no modelo de solicitude (anexo III) e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitude (código de procedemento IN422M)

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Artigo 11. Órganos competentes

A xerencia do Inega será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións e corresponde á persoa titular da Dirección do Inega ditar as diferentes resolucións que deriven do dito procedemento.

Artigo 12. Instrución do procedemento de concesión das axudas

1. A solicitude de axuda con reserva de fondos será avaliada polos servizos do órgano instrutor do Inega en función dos datos relativos ao solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e na documentación complementaria presentada. De ser o caso, tamén poderán ser avaliadas as solicitudes de axudas que figuren nos postos de máis prelación da listaxe de espera, sen que tal avaliación supoña garantía de que os expedientes se cheguen a subvencionar ata que, eventualmente, se dite resolución expresa de concesión de axuda.

Se a solicitude non reúne algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase o interesado ou, se é o caso, a entidade colaboradora para que, nun prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia expresa de que, se así non o fai, se terá por desistido na súa petición e arquivarase o expediente.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), consellería competente en materia de economía e facenda e da verificación do DNI/NIE.

2. Poderá requirirse o interesado para que achegue aqueles datos, documentos complementarios ou aclaracións que resulten necesarios na tramitación e resolución do procedemento.

3. Tras o informe dos servizos técnico e xurídico, as solicitudes que presenten elementos de controversia serán avaliadas por un comité de avaliación formado pola persoa titular do Departamento de Enerxía, a persoa titular da Área de Renovables e un técnico do Inega. O comité de avaliación elaborará unha proposta en que figuren os criterios consensuados durante a tramitación dos expedientes e, de xeito individualizado, os primeiros solicitantes propostos para obter subvención, así como o importe da subvención para cada un deles.

Artigo 13. Resolución (código de procedemento IN422M)

1. Unha vez avaliada a solicitude, a proposta de resolución elevarase á directora do Inega. O procedemento de concesión resolverase no prazo máximo de 6 meses desde a data de presentación da solicitude ou, se é o caso, da súa emenda e axustarase ao disposto no artigo 34 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o contido da resolución.

Se transcorre o prazo sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A resolución de concesión comprendera á identificación do beneficiario, o investimento e o custo elixible do proxecto e a contía da subvención.

Na resolución denegatoria da axuda farase constar o motivo da denegación.

3. No suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, concederase, sen necesidade dunha nova convocatoria, a subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes na orde de entrada da solicitude.

Artigo 14. Notificación (código de procedemento IN422L e código de procedemento IN422M)

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 15. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:

a) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

b) Xustificar ante o Inega que cumpre cos requisitos ou condicións que determinan a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

c) Presentar ante o Inega directamente ou a través da entidade colaboradora seleccionada, cando proceda, as outras dúas ofertas que necesariamente teñen que acompañar a solicitude de axuda cando a actuación concreta que se subvenciona supoña un gasto sen IVE para o beneficiario igual ou superior a 15.000 €.

As ofertas presentadas teñen que ser sempre con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben. As ofertas presentadas para cada gasto non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

d) Realizar o pagamento das facturas antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como se establece no artigo 20.3 desta convocatoria.

e) Cando non poida executar o proxecto deberá renunciar á subvención. A renuncia tramitaraa directamente o beneficiario ou a entidade colaboradora, cando proceda, mediante a presentación do anexo V que se xunta a título informativo. Este anexo estará dispoñible na páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

f) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta axuda e conservar a documentación xustificativa durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta do dito pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

g) Comunicarlle ao Inega, directamente ou a través da entidade colaboradora, cando proceda, a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Toda referencia ás actuacións subvencionadas en publicacións, actividades de difusión, páxinas web e, en xeral, calquera medio de difusión debe cumprir cos requisitos que figuran no Manual de imaxe do programa, que estará dispoñible na web do IDAE, deberá mencionarse o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e o Mecanismo de recuperación e resiliencia, establecido polo Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, debendo exhibirse de forma correcta e destacada o emblema da UE cunha declaración de financiamento adecuada que diga financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xunto ao logo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, dispoñible na ligazón https://planderecuperacion.gob.es/identidad-visual. Tamén deberán constar o símbolo e logotipo da Xunta de Galicia e do Inega, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

j) En relación coa publicidade do financiamento, o beneficiario deberá durante a realización do proxecto, e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego, informar o público do apoio obtido colocando, polo menos, un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que mencionará a axuda financeira nun lugar ben visible para o público. O Inega facilitará modelos aos beneficiarios a través da súa páxina web.

k) Calquera outra obriga establecida no Real decreto 477/2021, do 29 de xuño.

Artigo 16. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Cando por circunstancias técnicas sexa imprescindible variar o contido específico dos investimentos recollidos no proxecto inicial, a entidade colaboradora debe notificarllo ao órgano competente para a concesión da subvención mediante a presentación do anexo VI, acompañado de toda a documentación presentada coa solicitude que se vexa afectada.

Naqueles expedientes en que é necesario o proxecto técnico de execución debe achegarse copia do novo orzamento asinado polo técnico redactor deste.

3. O órgano competente para a concesión da subvención poderá autorizar a modificación da resolución por instancia do beneficiario respectando os seguintes requisitos:

a) Que a modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda.

4. As modificacións de proxectos que non se comuniquen con anterioridade a xustificación do investimento, ou aquelas que de xeito previo non acheguen a documentación necesaria para a súa valoración, tramitaranse conxuntamente coa documentación xustificativa do investimento, utilizando o requirimento de emenda de xustificación para completar o expediente. Poderán formalizarse a aceptación da modificación do proxecto e a xustificación deste mediante a resolución de pagamento, sempre e cando a modificación do proxecto respecte os requisitos establecidos no número 3 deste artigo e se achegue toda a documentación da solicitude modificada.

5. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación do proxecto, que poderá ou non afectar os termos da resolución de concesión, será ditado pola directora do Inega logo da instrución do correspondente expediente no cal se lles dará audiencia aos interesados.

Artigo 17. Aceptación e renuncia

1. Transcorridos 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión sen que o beneficiario e, se é o caso, a entidade colaboradora comunique expresamente a renuncia á subvención, entenderase que o solicitante acepta a subvención, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

2. No caso de que o beneficiario dunha subvención desexe renunciar á axuda concedida para a súa solicitude deberá comunicarllo ao Inega ou, se é o caso, a través da entidade colaboradora, presentando o anexo V por medios electrónicos a través da aplicación informática, e comunicará este feito co fin de proceder ao arquivamento do expediente.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará, de conformidade co procedemento establecido no artigo 14.2 desta convocatoria.

Artigo 18. Prazo de execución e xustificación das actuacións

Segundo o artigo 16.8 das bases da convocatoria, o prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.

Este prazo poderase ampliar de conformidade co previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Artigo 19. Xustificación das actuacións

1. A documentación correspondente á xustificación do investimento realizado presentarase de forma electrónica a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

2. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación das subvencións aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polos beneficiarios, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados tal e como se establece no artigo 12 destas bases reguladoras.

Igual requirimento se efectuará por parte do Inega no suposto de resultado negativo da consulta cos seguintes organismos: Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Consellería de Facenda, así como a verificación do DNI do solicitante (persoa física), NIF do solicitante (persoa xurídica) e NIF do representante da persoa xurídica.

3. No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado documentación ningunha, requirirase igualmente o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente.

A presentación da xustificación no prazo adicional de dez (10) días non eximirá das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 20. Documentación xustificativa do investimento

1. Os documentos de xustificación deberán presentarse dentro do prazo establecido no artigo 18 desta convocatoria e, nese momento, os investimentos deberán estar plenamente realizados e verificables.

2. Para o cobramento polo solicitante da subvención concedida, o beneficiario, deberá presentar toda a documentación que se sinala neste artigo e solicitará o pagamento mediante a presentación do anexo VII, que se xunta a título informativo. Este anexo deberá cubrirse a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal).

3. Documentación xustificativa que se ten que presentar xunto coa solicitude de pagamento:

a) Para xustificar cada un dos gastos realizados achegaranse as facturas, clasificadas e asinadas polo beneficiario da axuda, en que figurará o importe total que hai que pagar, e os documentos xustificativos que aseguren a efectividade do pagamento da totalidade do equipamento polo solicitante.

A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

Non se admitirán supostos de autofacturación (facturas emitidas polo propio beneficiario da subvención).

1º. En ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos previstos nas letras a), b) e c) do artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2º. Considéranse documentos xustificativos do pagamento das facturas os seguintes:

– Xustificante bancario (transferencia bancaria, certificación bancaria), en que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

– Efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio): achegarase copia do efecto mercantil acompañada da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que o efecto foi efectivamente cargado na conta do beneficiario dentro do prazo de xustificación.

No caso de que non quede acreditado o concepto do gasto, deberá achegar, ademais, recibo asinado e selado polo provedor, en que se especifique o número de factura pagada, número e data do cheque e NIF e nome da persoa receptora do cobramento.

Tanto no caso do cheque nominativo como da nota promisoria, para os efectos de data de pagamento, considerarase a data de cargo na conta do extracto bancario. En ningún caso se considerará como data de pagamento efectivo a entrega do cheque ao provedor.

Non se admitirán en ningún caso como xustificante os documentos acreditativos de pagamentos en metálico, nin os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou se non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

A data dos xustificantes de gasto e do pagamento debe ser posterior á data de publicación das bases reguladoras destas axudas no Boletín Oficial del Estado.

No caso dunha factura cuxo pagamento se xustifique mediante varios documentos de pago, cada un destes deberá facer referencia á factura á cal se imputa o pagamento.

3º. No caso de que as persoas beneficiarias da axuda se acollan á cesión do dereito de cobramento, establecido no número 1 do artigo 83 do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, considérase efectivamente pagado o gasto coa cesión do dereito de cobramento da subvención a favor dos cesionarios.

4º. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

b) Relación clasificada e asinada polo beneficiario da axuda, dos pedidos e/ou contratos relativos ás actuacións realizadas, no caso de que existan, e copia destes.

c) No caso de existir contratación pública, relación certificada e copia dos contratos subscritos polo solicitante para a realización das actuación obxecto da axuda, así como documentación xustificativa do procedemento de contratación: enderezo web do perfil do contratante, pregos, anuncios de licitación e formalización de contratos, acordos do órgano de contratación.

d) Informe xustificativo da adecuada realización das actuacións subscrito, datado e emitido polo técnico titulado competente autor do proxecto definitivo ou, na súa falta, o director da obra ou, se é o caso, a empresa instaladora autora de memoria técnica final da instalación executada.

Deberá incluír descrición do sistema de monitoraxe incorporado segundo o indicado no anexo AI.A1.c das bases reguladoras.

e) Certificado final de obra subscrito polo director de obra e director de execución da obra, no caso de que sexa preceptivo.

f) Certificado da instalación térmica, subscrito polo instalador habilitado e o director da instalación, cando a participación deste último sexa preceptiva, rexistrado polo órgano competente da comunidade autónoma de acordo co RITE.

g) Copia do proxecto ou memoria técnica do deseño (segundo proceda para a tipoloxía da actuación) que se achegou ao órgano competente da comunidade autónoma para a obtención do certificado da instalación térmica.

h) Para as solicitudes de tipoloxía de biomasa de potencia menor de 1MW, no caso de que os equipamentos finalmente instalados non sexan os mesmos que se fixeron constar na solicitude o non o fixeron constar por tratarse dunha entidade pública suxeita á obriga de realizar unha licitación para a execución dos proxectos, deberá presentarse, para o equipamento definitivamente instalado, unha acreditación por parte do fabricante do equipamento do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vaia empregar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no Regulamento de ecodeseño en vigor (segundo corresponda, Regulamento (UE) 20157/1185 da Comisión ou Regulamento (UE) 2015/1189 da Comisión).

i) Acordo asinado por todos os participantes, que recolla os criterios de repartición, ben o acordo da comunidade de propietarios, ben a xustificación da súa inclusión no Rexistro administrativo de autoconsumo que indique este tipo de autoconsumo, no caso de proxectos de autoconsumo colectivo ou feitos en edificios plurifamiliares.

j) Reportaxe fotográfica das actuacións realizadas, que inclúa fotografías da situación do edificio despois das actuacións e, se é o caso, dos equipamentos e instalacións principais finais obxecto da axuda, e onde se amose o cartel publicitario ou sinalización da actuación e o sistema de visualización de enerxía.

k) Información e ligazón ao sitio da internet do beneficiario das axudas, no caso de que dispoña dun, onde informará o público do posible apoio obtido dos fondos Next Generation ou Plan de recuperación, transformación e resiliencia e/ou, se é o caso, do instrumento da Unión Europea que corresponda, facendo unha breve descrición da operación, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

l) Documentación xustificativa da existencia dunha contabilidade separada ou diferenciada para todas as transaccións relacionadas (ingresos e pagamentos, incluído, se é o caso, o ingreso de axudas, pagamentos a provedores e outros). Esta obriga non se aplica para solicitantes persoas físicas.

m) Obrigatoriamente para os proxectos cun custo elixible superior a 1.000.000 € e opcionalmente para o resto entregarase conta xustificativa con achega do informe de auditor, segundo o previsto no artigo 74 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

n) Para as actuacións que superen os 100 kW de potencia nominal, documentación actualizada que reflicta ou confirme, para a actuación finalmente levada a cabo, o solicitado na epígrafe AII.A.e) das bases reguladoras en relación coa orixe dos compoñentes e as súas características, o impacto do proxecto e o principio de non causar dano significativo. Para as actuacións menores ou iguais a 100 kW, declaración responsable do cumprimento desta condición por parte da actuación finalmente levada a cabo.

o) No caso de bombas de calor (aerotermia, hidrotermia, xeotermia), para efectos de verificar o previsto na epígrafe AI.1.E, acreditarase o valor do SPF mediante as especificacións técnicas do fabricante do equipamento.

Artigo 21. Incumprimentos xerais do proxecto

1. Incumprimento total.

Se se xustifican conceptos, partidas e/ou elementos subvencionables aprobados que representen menos do 60 % do importe total do investimento subvencionable, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinará a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.

2.Incumprimento parcial.

Se a xustificación é igual ou superior ao 60 %, pero sen acadar o 100 % do investimento subvencionable, percibirá a subvención proporcional correspondente ao investimento xustificado admisible, sempre que cumpra o resto das condicións de concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

Artigo 22. Pagamento das axudas

1. O beneficiario poderá solicitar a través da entidade colaboradora, se se tramita a axuda a través destas, ou directamente os interesados, un anticipo, unha vez notificada a resolución de concesión e coa data límite do 30 xuño de 2024.

2. Os interesados poderán solicitar un anticipo de ata o 50 % do importe da subvención concedida, naqueles supostos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención.

3. A súa concesión supeditarase á constitución, con carácter previo ao pagamento, dunha garantía bancaria nos termos previstos no artigo 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que deberá cubrir o 110 % da cantidade que se vai aboar.

4. A presentación da garantía realizarase ante o órgano concedente no prazo de quince (15) días a partir da notificación da resolución de concesión. Este prazo poderá ser ampliado cando concorran circunstancias que dificulten a súa formalización.

5. A presentación da garantía terá validez ata que o Inega autorice a súa cancelación, unha vez que o beneficiario da axuda acredite a realización e pagamento dos investimentos e o cumprimento dos obxectivos e condicións estipulados na resolución de concesión da axuda.

6. Cando se prevexa a posibilidade de realizar anticipos, quedan exonerados de constituír garantía os beneficiarios previstos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro entre os que figuran:

a) As administracións públicas, os seus organismos vinculados ou dependentes e as sociedades mercantís estatais e as fundacións do sector público estatal.

b) As entidades non lucrativas, así como as federacións, confederacións ou agrupacións destas, que desenvolvan proxectos ou programas de acción social ou cooperación internacional.

c) As entidades que por lei estean exentas de presentación de caución, finanzas ou depósitos perante as administracións públicas ou os seus organismos e entidades vinculadas ou dependentes.

d) Os beneficiarios das subvencións concedidas cuxos pagamentos non superen os 18.000 €. No caso de pagamentos anticipados e/ou pagamentos á conta o importe anterior enténdese referido á cantidade acumulada dos pagamentos realizados.

7. Os órganos competentes do Inega poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase, poderase entender que renuncia á subvención.

8. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha realización deficiente do proxecto, a contía da subvención poderá reducirse proporcionalmente se, debido á redución do investimento, se superan as porcentaxes máximas de subvención.

9. Previamente á proposta de pagamento, e sempre que se trate de subvencións de capital cun importe superior a 60.000 euros, os servizos técnicos do Inega realizarán unha inspección de comprobación material en que certifiquen que se realizou o investimento que foi obxecto da axuda e que tal investimento coincide co previsto na resolución de concesión.

Artigo 23. Reintegro das subvencións e réxime de sancións

1. O Inega reserva para si o dereito a realizar cantas comprobacións, inspeccións e demais medidas de control se consideren oportunas para velar pola correcta aplicación dos recursos públicos, e os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que realice o Inega para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Se no curso destas verificacións se detecta que os beneficiarios da subvencións ou as entidades colaboradoras adheridas incumpriron algunha das condicións establecidas nestas bases reguladoras, implicará a perda dos beneficios e, se é o caso, o deber de reintegrar as cantidades obtidas indebidamente cos xuros legais que correspondan, sen prexuízo das accións legais e sancións que correspondan.

2. Para facer efectiva a devolución a que se refire o número anterior tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades colaboradoras e os beneficiarios das subvención, de ser o caso, estarán suxeitos ao réxime sancionador previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e desenvolto no título VI do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Incompatibilidade das subvencións

1. As subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria serán incompatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos no artigo 16 desta convocatoria.

Artigo 26. Publicidade

1. O Inega publicará as subvencións concedidas ao abeiro destas bases na súa páxina web oficial (www.inega.gal) e no Diario Oficial de Galicia, expresando a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude levará implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade. A publicidade no Diario Oficial de Galicia realizarase no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, non obstante, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web do Inega.

2. En cumprimento do artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación de acordo co establecido no Real decreto 130/2019, do 8 de marzo, polo que se regula a Base de datos nacional de subvencións e a publicidade das subvencións e demais axudas.

Artigo 27. Control e loita contra a fraude

1. De acordo co establecido no artigo 6 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Inega para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, á autoridade de xestión e aos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 22 do Regulamento (CE) núm. 241/2021 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece Mecanismo de recuperación e resiliencia (DOUE do 18.2.2021).

2. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

3. Se se proban indicios fundados de fraude, a Xerencia do Inega analizará a procedencia da incoación do correspondente procedemento administrativo sancionador de conformidade coa normativa aplicable en cada caso e, de ser o caso, instruirá o procedemento sancionador que corresponda, segundo a infracción administrativa en que resulten subsumibles os feitos analizados.

Artigo 28. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través da páxina web do Inega (www.inega.gal) e no correo electrónico inega.info@xunta.gal

Artigo 29. Réxime de recursos

Contra as resolucións ditadas ao abeiro destas bases poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a entidade colaboradora ___________para a xestión das subvencións do Programa de incentivos 6. Realización de instalacións de autoconsumo, con fontes de enerxías renovables térmicas no sector residencial, correspondentes aos programas de incentivos vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxía renovable, así como a implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para as anualidades 2021 a 2023

Santiago de Compostela, ____ de _________ de ______

Dunha parte, a directora do Inega, en virtude das facultades do seu cargo e das que lle foron conferidas en virtude das atribucións que lle outorga o artigo 16 do Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se modifican as normas reguladoras do Instituto Enerxético de Galicia e se aproban os estatutos da Axencia Instituto Enerxético de Galicia (DOG núm. 212, do 8 de novembro), e polo Acordo do Consello da Xunta, do 27 de marzo de 1991, sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares, publicado mediante a Resolución do 8 de abril de 1991, da Consellería de Economía e Facenda.

Da outra parte___________________________________, con NIF________________, actuando en nome e representación da entidade ________________________________________________ con NIF/CIF _______________, debidamente facultado para subscribir este convenio,

EXPOÑEN:

I. Que o Inega acordou realizar unha selección de entidades colaboradoras para a tramitación das axudas para os programas de incentivos vencellados á instalación de enerxías renovables térmicas no sector residencial, estas entidades colaboradoras actuarán de ligazón entre o Inega e os beneficiarios das axudas que se convoquen para a actuación 6. Realización de instalacións de renovables térmicas no sector residencial.

II. Que ambas as partes consideran que, por razóns de eficacia na xestión e co fin de conseguir unha mellor prestación de servizos aos beneficiarios das axudas, e de conformidade cos artigos 9 e 13 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acordan subscribir o presente convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes estipulacións:

Primeira. Obxecto da colaboración

O obxecto deste convenio consiste en establecer un marco de colaboración entre o Inega e a entidade ________________________________________ de acordo coa Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellados á realización de instalacións de renovables térmicas no sector residencial, para as anualidades 2021 a 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. ____, do ___ de _______ de ___).

Segunda. Entidade colaboradora

A entidade ______________________________________________________ é unha entidade colaboradora que cumpre co establecido no artigo 6.1 e 6.4 da convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos vencellados á realización de instalacións de renovables térmicas no sector residencial, para as anualidades 2021 a 2023 (códigos de procedemento IN422L e IN422M) (en diante, convocatoria das axudas), que acredita o cumprimento dos requisitos para a xestión das subvencións da actuación 6. Realización de instalacións con fontes de enerxía renovables térmicas no sector residencial e as condicións de solvencia económica e técnica previstas na mencionada resolución.

Terceira. Prazo de duración

Este convenio terá vixencia ata o 30 de xuño de 2026.

Cuarta. Obrigacións da entidade colaboradora

A entidade colaboradora obrígase, ademais de ao establecido no artigo 6.4.a) da convocatoria das axudas, sen prexuízo do disposto no artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao seguinte:

– Asumir a tramitación e xestión ante o Inega das axudas dos beneficiarios.

– Comprobar e certificar o cumprimento das condicións ou requisitos establecidos na convocatoria das axudas para que os solicitantes obteñan a condición de beneficiario, así como a idoneidade da documentación que se lles exixe para a percepción da subvención.

– Presentar as solicitudes das axudas dos beneficiarios e a documentación xustificativa do desenvolvemento das actuacións, tal e como se recolle na convocatoria das axudas.

– Vender, xestionar e instalar ao solicitante da axuda, no marco da iniciativa, só os equipamentos que cumpran coas condicións establecidas na convocatoria de axudas.

– Comunicarlle ao Inega calquera variación que se produza nos datos inicialmente indicados para adherirse a este convenio, garantindo a confidencialidade dos datos fornecidos.

– Cumprir as normas sobre confidencialidade de datos, concretamente o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección da persoa física no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos e as normas que o desenvolvan.

– Atoparse sometida ás actuacións de comprobación e control previstas na letra d) do artigo 12 da mencionada Lei 9/2007.

– Atoparse ao día no pagamento das obrigacións coa Facenda pública do Estado, da Administración autonómica, así como coa Seguridade Social.

– Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

– Conservar a documentación xustificativa durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta do dito pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

– Exhibir, nos seus centros de traballo ou puntos de venda durante a vixencia do Programa de incentivos 6 un cartel de promoción deste en que se informe de que se trata dunha entidade colaboradora adherida conforme o modelo que se porá á disposición na páxina web do Inega.

Quinta. Compromisos da entidade colaboradora

Ademais dos compromisos establecidos no artigo 6.4.b) da convocatoria das axudas, a entidade colaboradora comprométese a:

– Coñecer o contido da convocatoria destas axudas e deste convenio e cumprir cos requisitos establecidos neles.

– Que posúe a solvencia técnica e económica segundo o establecido no artigo 6.1 da resolución.

– Que consente expresamente a utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega segundo o establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administración públicas.

– Que non se atopa incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Que comunicará ao Inega calquera variación que poida ocorrer nos datos recollidos nos documentos presentados.

– Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria en relación co NIF da entidade colaboradora. De non dar a autorización para a comprobación mencionada, deberá presentar copia do NIF da entidade colaboradora (non do representante legal).

– Que autoriza o órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante da adhesión está ao día nas súas obrigacións coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social e coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación mencionada anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día das súas obrigacións cos organismos sinalados anteriormente.

Sexta. Obrigacións do Inega

– Facilitar á entidade colaboradora toda a información e documentación normalizada que precise durante a tramitación da convocatoria de axudas.

– Dispoñer na páxina web do Inega (www.inega.gal) dunha listaxe de entidades colaboradoras adheridas ao programa.

– Manter informada en todo momento e comunicar á entidade colaboradora o estado de tramitación das axudas.

Sétima. Xustificación dos requisitos dos beneficiarios

A xustificación polos beneficiarios das condicións establecidas para o outorgamento das subvencións correspondentes realizarase no momento da solicitude.

A entidade colaboradora atópase obrigada a requirir aos beneficiarios a documentación establecida na convocatoria das axudas, así como a comprobala e a conservar a documentación xustificativa durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta do dito pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

Oitava. Rexistro especial de operacións

A entidade colaboradora, para facilitar a xustificación da subvención e a comprobación do cumprimento das condicións establecidas na convocatoria das axudas, levará un rexistro especial das operacións que se realicen dentro de cada convocatoria de axudas, que estará á disposición do Inega e demais órganos fiscalizadores da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado e da Comunidade Europea.

Neste rexistro gardarase unha copia da documentación xustificativa das operacións rexistradas, así como da documentación que lle entreguen os beneficiarios.

Novena. Requisitos da entidade e dos beneficiarios

Os requisitos que debe cumprir e facer cumprir a entidade colaboradora nas diferentes fases do procedemento de xestión das subvencións son os que se especifican no artigo 6.4 da convocatoria das axudas.

Décima. Xustificación das subvencións

Os beneficiarios xustificarán as subvencións nos prazos e na forma prevista nos artigos 18 e 19 da convocatoria das axudas.

Décimo primeira. Causas de resolución

Son causas de resolución deste convenio entre o Inega e a entidade colaboradora, o incumprimento total ou parcial dalgunha das estipulacións contidas nas súas cláusulas, no articulado das bases reguladoras das axudas, sen prexuízo da tramitación dos compromisos adquiridos con anterioridade sobre expedientes en curso, así como a falsidade ou inexactitude nos datos e documentos presentados polas entidades colaboradoras.

Décimo segunda. Incumprimento

Se no curso das verificacións que realizará o Inega se detecta que a entidade colaboradora incumpre algunha das condicións establecidas na normativa de aplicación, resolverase a adhesión, o que implicará a perda dos beneficios.

Décimo terceira. Natureza administrativa

O presente convenio ten natureza administrativa e queda fóra do ámbito de aplicación da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, sen prexuízo da aplicación dos principios e criterios da devandita lei para resolver as dúbidas ou lagoas que se poidan presentar. Rexerase polas súas propias cláusulas e, supletoriamente, polas normas xerais do dereito administrativo. As dúbidas que poidan xurdir en relación coa interpretación e cumprimento do convenio resolveranse de común acordo, sen prexuízo da competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Décimo cuarta. Normativa reguladora especial

Para todo o non previsto neste convenio observarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Acordo do Consello da Xunta do 27 de marzo de 1991 sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares; na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; na Lei 4/2019, do 17 de xuño, de administración dixital de Galicia, así como no resto das normas xerais do procedemento administrativo.

Na medida en que as subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria están financiadas con fondos procedentes do Programa de incentivos 6, vencellados á realización de instalacións de renovables térmicas no sector residencial, estarán sometidas ao disposto no Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras das axudas para a execución de diversos programas de incentivos vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxía renovable, así como a implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, baseado en criterios de eficiencia enerxética, sustentabilidade e impulso das enerxías renovables.

(Sinatura)

A directora do Inega

Paula María Uría Traba

(Sinatura)

Pola entidade colaboradora,

Representante legal de ________

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file